Imos por aquí? A ver que atopamos...
E damos a volta.
Berrogüetto - Unha volta e un poema
Vai unha volta, unha volta e un poema
Unha cantiga, a cantiga dunha nena
Vai un xantar, un xantar, unha conversa
Un pensamente, pensamento con talento
Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio
Unha palabra, a palabra desexada
Unha palabra, a palabra desexada
E agora que sae o sol
o teu nome xa se ve
Agora que sae o sol
ti tamén es
o teu nome xa se ve
Agora que sae o sol
ti tamén es
Vai a esquecida, a esquecida e nomeada
Unha sentenza, a sentenza que ti fagas
Vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
Unha quimera, a quimera dunha espera
Unha sentenza, a sentenza que ti fagas
Vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
Unha quimera, a quimera dunha espera
Foi unha volta, unha volta e un poema
Unha cantiga, a cantiga dunha nena,
Vou despedirme, despedirme cunha flor
Vou despedirme, cunha flor de cor de ron
Unha cantiga, a cantiga dunha nena,
Vou despedirme, despedirme cunha flor
Vou despedirme, cunha flor de cor de ron
3 comentarios:
E como hai que poñer a boca para poder dicir que non a ese paseo?
Bicos indo e bicos volvendo.
cantos tesouriños atopamos por eses camiños que nos enseñas...
a herbeira chea de luz.
as follas de cores,
as flores, (xa vin o papamerendas, eu vinos tamén hai uns días, sempre me sorprenden e me fan sentir nena)
faltame o cheiro, para que o paseo fose completo.
estes días estou por cerca do deza, espero poder dar mañá un paseo baixo este sol outonal
Gocei moito do paseo.
Grazas.
Publicar un comentario