lunes, 26 de enero de 2009

Paz


Non basta con falar de paz. Debemos crer nela e traballar para conseguila.
Eleanor Roosevelt



Os homes construímos demasiados muros e non suficientes pontes.
Isaac Newton




A auga é máis forte cá rocha, o amor é máis forte cá violencia.
Hermann Hesse


Documental que consta de tres historias sobre a violación dos dereitos humanos e sobre persoas esquecidas do mundo.

La espalda del mundo

Un grupo de nenos que traballan nunha canteira de Perú.

La espalda del mundo 2 (vídeo)

sábado, 17 de enero de 2009

Letargo


No corazón de todos os invernos vive unha primavera palpitante, e detrás de cada noite, vén unha aurora que sorrí.

Khalil Gibran

Jardín de invierno
Llega el invierno. Espléndido dictado
me dan las lentas hojas
vestidas de silencio y amarillo.

Soy un libro de nieve,
una espaciosa mano, una pradera,
un círculo que espera,
pertenezco a la tierra y a su invierno.

Creció el rumor del mundo en el follaje,
ardió después el trigo constelado
por flores rojas como quemaduras,
luego llegó el otoño a establecer
la escritura del vino:
todo pasó, fue cielo pasajero
la copa del estío,
y se apagó la nube navegante.

Yo esperé en el balcón tan enlutado,
como ayer con las yedras de mi infancia,
que la tierra extendiera
sus alas en mi amor deshabitado.

Yo supe que la rosa caería
y el hueso del durazno transitorio
volvería a dormir y a germinar:
y me embriagué con la copa del aire
hasta que todo el mar se hizo nocturno
y el arrebol se convirtió en ceniza.

La tierra vive ahora
tranquilizando su interrogatorio,
extendida la piel de su silencio.

Yo vuelvo a ser ahora
el taciturno que llegó de lejos
envuelto en lluvia fría y en campanas:
debo a la muerte pura de la tierra
la voluntad de mis germinaciones.

Pablo Neruda

domingo, 11 de enero de 2009

Vitaminas


Se un arrefriado non queres pillar, vitamina C has de tomar.

Laranxas



Unha laranxa con problemas de identidade…

Terapia de laranxa



E unhas laranxiñas con moito ritmo…

Laranxa Beatles-Twist and Shout

Xa sabes:
se te atopas un pouco mal,
vitaminas e bo humor,
son o mellor antigripal.


E se xa te “atacaron” os virus: descanso, paciencia e un sinxelo remedio caseiro que te axudará a recuperar.

Ingredientes:
- limóns
- auga
- mel

Preparación:
Coce dous ou tres limóns en dous litros de auga. Déixaa que repouse. Cando estea morna, a cada vaso de auga, exprémelle medio limón e engádelle unha boa cullerada de mel. (Se non che gusta o mel, no canto dunha culler, unha culleriña). Proba e verás.

martes, 6 de enero de 2009

Comunicación

Hoxe tócalle o turno á palabra COMUNICACIÓN, outra aportación das que recibín.
Non acostumo a mercar demasiadas cousas innecesarias; aínda que, de vez en cando, caio na tentación. Quen non? Apetecíame ter unha colección de bonecas rusas, pero non lle facía a vez. Podía telas comprado en Santiago, sen ir máis lonxe. Non era algo imprescindible. Ademáis, o seu vivo e intenso colorido, facíame dubidar: e onde as vou colocar? O pasado verán, fun de viaxe a Londres. O último día da visita, mentras daba unha volta por Piccadilly Circus, atopei varias coleccións de matrioskas. Esta vez, deixeime levar polo impulso shopping e, por fin trouxen comigo as cinco bonequiñas. Desde aquela, comparten estante cunha colección de libros da Historia de Galicia e parecen estar a gusto, son ben cabidos. É a vantaxe que teñen de seren só cousas, obxectos: non lles supón esforzo algún levarse ben, a pesares de referirse a, ou proceder de culturas moi distintas. A nós, nalgunhas ocasións ou situacións, si que nos custa entendernos e comunicarnos con aqueles que son un pouco diferentes ou pensan doutro xeito.





Un conto precioso do escritor ruso Anton Chejov.


Unha deliciosa película baseada nas historias de Anton Chejov.

Francis Lai, autor tamén da música do film Ojos Negros.
(Non puiden traer a banda sonora desta película)

lunes, 5 de enero de 2009

Vivir


Outra das palabras daquela árbore: VIDA, un nome importante. VIVIR, ademais dunha acción importante, é unha actitude esencial.

Un soplo de entusiasmo.
Adicado a todos aqueles que sofren, sexa cal sexa o motivo.

A importancia das persoas sobre as cousas.

viernes, 2 de enero de 2009

Ledicia

A estes piñeiros, quédalles moito por medrar. Ao 2009, tamén.
A finais do ano que acaba de rematar, desfrutamos de dúas nevaradas nas terras do Deza. A ver se se cumple o dito: Ano de neves, ano de bens. Nas dúas ocasións, saquei unha chea de fotos; é a miña debilidade. Gardei unha remesa delas para traer aquí, co gallo do comezo de ano. Xeralmente, asociamos as imaxes da neve co sentimento de alegría, con inesquecibles momentos de xogo, de volta á nosa nenez... Gústame compartir as cousas que a min me sentan ben, coas que gozo. Por iso, decidín dar a benvida ao ano novo con estas imaxes brancas. Tiña varias opcións para o título da entrada; recordei as agarimosas palabras que vós , con tanta amabilidade, "colgastes" na nosa árbore de Nadal. Unha delas era LEDICIA; alegría ou ledicia é o que eu máis vos desexo para andar o camiño nos próximos doce meses.

Calma
Xogo


Proxectos


Agarimo


Saúde


Paciencia


Esperanza


Firmeza


Optimismo

Esta vaquiña chamou a miña atención. Pois a pesar de ver como a súa verde parcela quedaba reducida a unha minúscula e circular pradeira, ela seguía a desfrutar placidamente do seu pasto, sen preocupación. Incluso tivo a xentileza de levantar a cabeza, un xeito de saudar, e así saír cunha pose xeitosa na foto. Dela debiamos copiar moitos de nós, que sempre nos estamos a queixar por nimiedades.


Descanso


Tenrura


Suavidade. Tolerancia.


Horizonte. Comprensión.


Desfrutade do camiño.

Francis Lai-Snow Frolic (xogando coa neve)