domingo, 29 de marzo de 2009

Nenez






Xoaniña



Nunca perdas o/a neno/a que levas dentro.
Os nenos, por natureza, son tranquilos, alegres e cariñosos. Según van medrando, ás veces, van cambiando. Por que?
É bastante común e tamén triste escoitar frases semellantes: Non sei a quen saíu este rapaz. Cada día está máis raro. Non hai quen o entenda. Non sabe o que quere. Non se quere esforzar. Todo lle dá igual. Non sei que facer, nin como actuar con el. Só quere estar cos seus amigos. Non nos conta nada...

Ou estoutras: Non hai tempo para estar con eles. Os rapaces agora non son como antes. As malas compañías, inflúen. Claro, dámoslles todo feito. A culpa é da televisión, de internet. Son todos así. Nós pouco podemos facer, é a sociedade que lles toca vivir...

Estas e outras moitas, poderían ser boas sentenzas como desculpa para non reaccionar. Son actitudes demasiado cómodas, penso eu.

Ao mellor, os nosos rapaces (fillos, sobriños, netos, alumnos...), actúan así para adaptarse a nós. Quizais eles se comporten de tal xeito porque nos seguen, nos imitan; son un reflexo de nós, aínda que non nos guste e nos custe recoñecelo. Os cativos, normalmente, aprenden máis do que nós facemos que do que dicimos.
Xa sei que esta é unha reflexión moi simplista. Máis, é un pouco o que eu penso, o que sinto. O tema, cada día, está a ser máis preocupante. Se queremos, aínda estamos a tempo de axudarlles. Como? Difícil terefa. Intentar sermos nós mesmos, podería ser un paso.


"Educade aos nenos e non será necesario castigar aos homes".

Pitágoras


"Os nenos adiviñan que persoas os aman. É un don natural que co tempo se perde".

Charles Paul de Kock


"Os nenos non teñen pasado nin futuro, por iso gozan do presente, cousa que rara vez nos ocorre a nós".
Jean de la Bruyere


"O mellor medio para facer bos aos nenos é facelos felices".

Oscar Wilde





jueves, 26 de marzo de 2009

domingo, 22 de marzo de 2009

Recuperación


O camiño máis longo, comeza cun pequeno paso.

Recuperación en harmonía co contorno: cachotes de pedra, madeira e tella do país.


Detalle dos marcos das ventás en perpiaño.

Casa restaurada en Agruchave (Lalín).

A solaina da casa da señora Rosa, recolle a luz do sol desde o amencer ata o solpor.

Recuperación dos muros exteriores en estilo rústico nesta casa en Doade (Lalín).

Recuperación e memoria na casa dos avós.


O cabaceiro da Casa do Patrón.

Un dos dous muíños restaurados ao pé do río Asneiro, entre Doade e Vilanova (Lalín).

A auga, o rodicio e o son da gaita.

domingo, 8 de marzo de 2009

Esquecemento










A memoria será ó final
un lugar no que atoparse.
Baldo Ramos


Somos froito da cegueira,
semente que procura na noite
raizames para o ollo que latexa
na braña oculta do poema.


Somos sombra que ignora
o camiño que percorre o corpo desafiuzado.


Somos froito da cegueira,
estirpe dos días perdidos,
da nostalxia desandada.
Árbore que medra na memoria do que fomos.
Baldo Ramos. A árbore da cegueira.




Non busques.
Xa te atopará o poema.
Baldo Ramos



Nunca voltamos
polos camiños
que nos afastan de nós.
Baldo Ramos
A ollada mestúrase coas cousas.
Fúndese coa semente
que anticipa a primeira visión,
o vértice da metáfora.
Escribimos para atravesar a imposición
do sentido
polas pontes da negación,
ese camiño de volta.
Baldo Ramos