O artista debe aspirar á perfección en todo o que fai.
Eugène Delacroix
O home todo o perfecciona en torno seu; o que non fai é perfeccionarse a si mesmo.
Jean Baptiste Alphonse Karr
A educación é a manifestación da perfección no home.
Swami Vivekananda
Nas tardes-noites de outono, unha vez rematados os labores do campo e antes de cear, as xentes reuníanse nos cubertos ou alpendres para esfollar o millo: separar a espiga da cana. Mentres, os máis cativos, entretíanse xogando: o que atopaba o rei, a mazaroca de cor marrón avermellado, era o gañador; pois era considerada a espiga perfecta. Eu, prefería descubrir a raíña: tiña algúns grans con pintas de cor vermello. Quizais a mazaroca raíña fose un premio de segunda categoría por non ser tan perfecta, pero a min facíame moita gracia. Cousas de rapaces... Sería este o xerme da rebeldía contra os criterios establecidos polos adultos?
A perfección dos costumes consiste en vivir cada día como se fose o derradeiro.
Marco Aurelio
A clave da perfección é o amor.
Pío de Pietrelcina