"[...] entendida como a capacidade do ser humano para facer frente ás adversidades da vida, superalas e ser transformado positivamente por elas" (Edith Grotberg, 1998). Máis…
Remexendo entre libros, apuntes e outros materiais para intentar ordenalos, atopei un DVD que tamén estaba pendente de gardar. Quizais o deixara aí coa idea de velo de novo; é algo que acostumo a facer, repetir as películas que me gustan.
Cando vin o filme por primeira vez, quedei sorprendida pola intensidade dos papeis que interpretan as dúas mulleres protagonistas. Juliette, pola súa fortaleza e capacidade de superación. Léa, pola súa capacidade de comprensión e xenerosidade. As dúas nos enseñan a perdoar e amar sen condicións, sen límites. As dúas nos enseñan a medrar para sermos máis libres. Se aínda non a viches, aquí queda un avance.
Hace mucho que te quiero (tráiler español)
Jean Louis Aubert - Dis quand reviendras-tu (da banda sonora)
Jean Louis Aubert - Dis quand reviendras-tu (da banda sonora)