martes, 4 de mayo de 2010

Rododendros


Levaba varias primaveras observando como floreaban estes fermosos rododendros no xardín que hai á entrada do meu centro de traballo. Eu parábame, mirábaos, admirábaos e pensaba en retratalos; pero ían pasando os días, pouco a pouco empezaban a murchar e quedaban sen fotografar. Desta vez, atopei a ocasión axeitada e recollín as imaxes que aquí vos deixo. Para acompañar, música de Verdi e a voz de Nana Mouskouri.






Explosión de cor á entrada. Derroche de alegría e diversión, sincronía de voces, xestos e movementos e moi bo ambiente entre os alumnos/as, que podedes apreciar neste lip dub gravado a pasada semana no IES Pintor Colmeiro de Silleda a prol do uso da Lingua Galega.


Tamén aquí, con mellor calidade: Galegando
Ademais, un vídeo que recolle imaxes Making off, gravado polo noso amigo Iván. Continúa a festa, Galegando!

5 comentarios:

Xosé dijo...

Pasárono en grande co lipdub! Sorprendeume o ben sicronizado que estaba todo. Claro que aí estaba Suso (www.eticolmeiro.com), que é unha garantía cando se trata de mover xente sen que se produzan tensións. Moi divertido, Aura, e ti estabas a menos de corenta metros e non saíches venos!!!!!!!!!!!

Harmonía dijo...

Ben sabes que estaba ocupada; ademais, pasastes tan rápido...
Parabéns para os organizadores/colaboradores, para os participantes e para os cámaras (incluíndo a Iván co Making off). Continuemos Galegando!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Xenial explosión de cor floral na entrada para deixarnos despois abraiados co estourido festivo que amosa o video; o cal deixa ben ás claras o "bo rollo" e mellor pedagoxía que reina nese Centro.

Os meus prabéns a cantas persoas participan desa "empresa".
A ti, ademáis, o agradecemento por facernos partícipes desea festa.

Co teu permiso, vou facer andar este video na rolda de ProLingua

Anónimo dijo...

Os fermosísimos rododendros tamén perciben e sinten, orgullosos
eles (motivos teñen) o bo saber facer.
Bicos.O

Harmonía dijo...

O vídeo Galegando xa acadou máis de 4.500 visitas en Internet en pouco máis dunha semana.
O IES Leliadoura de Ribeira convídanos a participar no II Festival Audiovisual Galego-OlloBoi. Todos os detalles do certame poden consultarse nesta ligazón: www.rodaxe.info.
Hai varios premios en xogo, entre eles un que se outorga por votación en internet. Desde aquí anímote a que, se che apetece, lle deas un voto ao Lipdub Galegando do IES pintor Colmeiro de Silleda.

Moitas grazas.