





Comezamos a visita polo burgo antigo.





Camiñamos despacio, mentres desfrutamos dos ocres e grises, as cores do outono.

Xa caeron as follas.




Artesanía, para deterse...


Adentrámonos na zona antiga da cidade de Bari.


De moda...



Creo que o feito de que o ceo estivese nubrado e a falta de luz, fixo que me centrase máis nas vivas cores das verduras, hortalizas e froitas dos diversos postos que ía atopando polas rúas.


Un recuncho con encanto.


Aceitunas secas, apetitosas.
O Teatro Petruzzelli, outra realidade ben distinta, para soñar...
7 comentarios:
Parece que prestou a viaxe! Traes moita luz e moitas cores, por moito que as nubes acompañaran o teu camiñar. Benvida!
Longa entrada,
longa viaxe.-
Lindo,
lindo
e lindo!
A passeggiata foi ben aproveitada. Trouxéchesnos de todo!As cousiñas maís sencillas e ata o luxoso teatro, a música...Moito tempo non terías pero nótase que por esas rúas camiñaches ó xeito e a gusto.Un capuchino como dulce despedida está moi ben.
Grazas, Isa.
Unha reportaxe extensa extensa. Falta un prato de pasta a la italiana, por poñerche algunha pega.
Vou tomar ese cafeíño antes de que enfríe ou veña outro visitante e o probe.Ummmmm... riquísimo!
Bicos.
Impresionoume o "rincón con encanto" e detívenme (cotilla) na cama aberta e a silla coa chaqueta reposando...
Efectivamente, moitos recantos con encanto, moitas imaxes entrañables...e ese cafeciño...
GRAZAS
Recoñezo que a entrada é demasiado longa, demasiado extensa, podédesme reñir que tedes razón...
Intentei amosarvos as miñas miradas aos recantos que máis me cautivaron daquel lugar. Insisto en que botei moito de menos a luz, todo cambia según a luz. Tamén pretendín que a reportaxe resultase entrañable, como dicides.
Publicar un comentario