martes, 20 de octubre de 2009

Tarde de outono


O pasado sábado tivemos unha tarde xeitosa de outono. Aproveitei para dar un paseo polo lugar de Souto (preto de Lalín) e desfrutar das paisaxes: prados, hortas e moitas árbores. Como o seu nome indica, por aquelas terras abundan os soutos de castiñeiros.
Déixovos algunhas das imaxes que trouxen da miña andaina e tamén uns Contiños de Cousascativas.














E ti de quen es?










Seica este ano non hai moitas castañas:

As castañas queren en agosto arder e en setembro beber. E este ano, foi ao revés: choveulles no verán e veulles a calor despois. Non lle hai que facer. Apañaremos as que caian, outro ano serán mellores...

Mentres o home facía este comentario, seguía angazando a folla para poder recolller as poucas castañas que fosen caendo. Resignación e sabedoría, diría eu.









sábado, 17 de octubre de 2009

Gaita...

Carlos Núñez - Bolero de Ravel

Hoxe agárdanos a suavidade co son do “G”:

Gaita, gaiteiro, galego, gozoso, gaivota, garduña, gargallada, gorxa, gorentoso, gravata, gramalleira, galiña, gato, grelo, gromo, grilo, golfiño, goberno, garabato, gravar, garulada, grolo, goteira, gabela, godello, gavacho, guitarra, gabia, groselleira, gran, graxa, guiso, gandería, grava, gancha, gadaña, galería, garlopa, gabexar, garfo, gallarda, garbo, galleta, guinda, gazafello, guedello, garabullo, garavanzo, gustoso, grazas


Graciela, Gabriela, Gonzalo, Gaspar, Guadalupe, Gregorio, Guillermo, Gumersindo, Gloria, Gustavo…

domingo, 11 de octubre de 2009

A Costa Naviega



Os sorrisos do Cantábrico
Recordos dunha camiñata pola Costa Naviega, Asturias, a comezos de setembro.




A praia de Barayo





A ruta da Costa Naviega





Puerto de Vega, elexido o pobo máis bonito de Asturias en 1998.


Aquí, fixemos unha paradiña para tomar folgos e, de paso, probar a sidra; escanciar e beber só un culín, como manda o ritual.






Máis sorrisosssss...




Chegando á praia de Frexulfe




O último baño do verán




O amencer do domingo na localidade de Serandinas




Retoños




O s froitos do acivro. Para Nora, xa que lle gustan...








Víctor Manuel cantando á terriña.





E con esta imaxe de Serandinas, remata a viaxe.


Tamén rematan os días de verán e as últimas festas: as de San Froilán en Lugo. Lugar ao que acudín onte, onde puiden asistir ao concerto do grupo musical Amaral. Déixoche este vídeo, por se che apetece escoitalo:



martes, 6 de octubre de 2009

Medos


Cantas cousas perdemos por medo a perder.

Paulo Coelho


miércoles, 30 de septiembre de 2009

Fervenza...

Fervenza en Sanabria, setembro de 2004

Voltamos, esta vez, co “F”:

Fervenza, fonte, flor, florear, fillo, familia, fala, fogar, foro, felicidade, fogueira, faíscas, fume, fumeira, fiestra, faixa, friso, faiado, fecho, ferro, ferruxe, forxa, ferralla, ferreiro, ferramenta, filloa, fritir, funil, fouce, fouciño, forcada, forquita, face, fazula, fronte, fociño, furabolos, festa, foliada, folclore, feira, frauta, fol, frouma, folla, fraga, folerpa, furna, farallón, farrapo, fatelo, feixe, ferrado, figueira, froita, fértil, fermosura, fantasía, fortaleza, franqueza, feito, feitizo, frescura, fresquío, friaxe, freixo, follaxe, fame, fariña, forno, fartura, faba, fento, febreiro, fuxir, fervello, fervellasverzas, fuxefuxe, fervedoiro, freixó, fiúncho, formiga, faneca, faragulla, fío, fiadeiro, fitar, filigrana, fotografía, fachenda, falcatrúa, fanfurriñada, fianza, farelo, fermento, feble, ferido, fráxil, folgazán, forasteiro, frívolo, fedellar, fender, fervura, foguete, flanela, fungo, fusco, fuxida…

Fátima, Felipe, Fe, Farruco, Fabiola, Feliciano, Florinda, Francisco, Federico, Filomena, Facundo, Felisa, Fidel, Fabio, Flor, Fernando, Fidelina, Froilán, Fuco, Fausto, Fortunata, Faustino, Flora, Flavio, Florentino, Floriano, Fulgencio, Felícitas…