domingo, 1 de mayo de 2011

Tenrura



-Mira que flor tan bonita!
-Xa recollín moitas hoxe…
-Pero esta é especial; toma, míraa ben, mira que forma e que cor!




-Ven, ven, sácalle uhna foto a aquel paxaro antes de que se mova!
-…? Antes de que se mova, si… Non vaia ser que saia voando…Que ocorrencia!
-Como sempre andas perseguindo aos paxariños para intentar retratalos e sempre se che escapan…




-Por que non lle sacas tamén unha foto a ese canciño?
-Se nos acercamos a el pode que se asuste e comence a ladrar…
-Non creo! Xa é amigo meu!
-E como o sabes?
-Non ves como move o rabo cando lle falo? Iso é porque está contento.
-Flash, flash!! Satisfeito?
-Seguro que sae guapo! Hahaha!




-Veña, marchamos, que nos están esperando.
-Agarda un momento que vou mollar as mans… Que auga tan limpa!
-Claro, xa que non pillaches troitas… Ti nunca te aburres e sempre estás de bo humor!
-Aburrirme eu? Nooon! Eu…, déixome levar…




Dá gusto acompañar os seus pasos.
….....


El que no inventa, no vive
Ana Mª Matute



6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

E con eses zapatos tan bonitos, ten que dar moito máis gusto aínda!

Bicos movendo o rabo (e sin ladrar)

O dijo...

Que entrada máis bonita Isa... fas rebosar o corazón con tanta tenruriña que emociona, moito. Esa floriña vale máis que calquer ducia de rosas da mellor floristería !!!
Bicos.

Nora dijo...

Ola Diego: Eu tamén recollo destas floriñas. E os cans mellor soltos...
Ata pronto, falaremos.

Paz Zeltia dijo...

Case vos podo acompañar nese paseo...

[Nada é comparable. Nada.]

.com dijo...

Permítesme un título alternativo para este post?
HARMONÍA (con maiúsculas e letras ben grandes!)
E unha suxerencia musical?
Caminando por la vida de Melendi:
http://www.youtube.com/watch?v=HC4tHmHMNpA

Aura dijo...

Poñamos música logo!