domingo, 22 de mayo de 2011

Educación




Educación infantil, hipocresía adulta


A educación. É, asemade, a primeira e a derradeira esperanza. Mesmo poderiamos dicir que hai una división máxica da educación. Para todo aquilo que semella irremediábel, para as fochas sociais, os cráteres colectivos, os xacementos catastróficos, para aquilo que non hai nada que facer, para o nó que non se pode desanoar… Para todo iso, que é moito, todos os discursos, mesmo os máis confrontados, acoden como táboa de salvación á formación dos máis novos.
Poderiamos dicir que semellante depósito de esperanza é un honor para as persoas que se dedican ao ensino. Elévaos a unha categoría de misioneiros laicos. Nas escolas están as trabes do futuro e, á vez, as táboas de salvación etcétera, etcétera. Ninguén se vai molestar, ninguén vai inquietarse ou amosar o seu desacordo. Ao contrario. Nese punto todos asentiremos, aínda que o propoñente nos resulte antipático.
-Ves? Aí estivo ben.
-No que?
-Cando falou da educación. O papel fundamental da educación. As cousas só cambiarán de verdade cando cambien as mentes, educando as persoas dende a infancia.
[…]
Mais vexo unha trampa nos discursos ben intencionados sobre a educación e é esa maldita idea do… aprazamento. […] “É moi pouco o que se pode facer. A xente está mal acostumada. Ten hábitos adquiridos que, a certas idades, é imposíbel cambiar. Hai moito tarugo, moito túzaro, moito pedernal, e non estou falando de materiais, senón de cabezas cadradas. Agora toca facer un pouco do que se poida, outro pouco de propaganda e un moito de aparencia. Hai que confiar na educación das futuras xeracións. O que importa agora é ir tirando…”
Ir tirando? […] A educación da infancia é imprescindíbel para para facer fronte a problemas tan corrosivos como o terrorismo doméstico ou a deterioración acelerada do medio ambiente. Mais tamén é imprescindible o que fagan os adultos hoxe, ademais de ”ir tirando”.


Manuel Rivas. A corpo aberto.




Redes Educar para fabricar ciudadanos Eduardo Punset (Parte 1)

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

A resignación que encerra o "ir tirando" era moi propia da nosa terra fai anos, á que si?. Pero aposto todas as casas ó norte da Estaca de Bares, á que hoxe nin os educandos nin os misioneiros laicos (Beito XVI vai ter beatificacións a tutiplé) permitirán esa supina paciencia. Á que non?

Bicos (educadiños)

Paz Zeltia dijo...

Me parece que non ten moito que ver con este post o que che vou contar, pero é que dende que o vin hoxe á tarde non se me vai da cabeza:

estaba para cruzar a ronda de outeiro, moito tempo tarda en abrir o semáforo. diante de min dúas avoas levan da man a dúas netas duns 4 anos que viñan dunha actividade extra escolar como baile moderno ou algo así. As nenas lindas lindas viñan cantando e facendo parte da coreografía.
A canción dicía:

"Todas las chicas quieren novio
Eso esta muy clarito
Pero los chicos no se enganchan
Quieren estar solitos

Ellas se arreglan, se hacen peinados
Y a veces llevan los labios pintados
Son impulsivas, son desafiantes
No tienen dudas van para adelante

Ellos prefieren mirar de lejos
No se deciden, se dan consejos
Dan muchas vueltas, pasan y miran
Y no se animan a encarar"

Bueno.
Non sei de canto pode servir a educación "na casa" con esas ideas metidas nos seus ávidos cerebros ansiosos por copiar pautas de comportamentos.

Dígocho eu que pinto os beizos a diario.

.com dijo...

E tamén aquí de novo a natureza como referente.A asociación que fas das dúas árbores, o carballo robusto/señorial e a outra árbore nova de frescos verdes e pólas miudas, ten moito que ver coas xeracións que van dende os xóvenes ós adultos humanos.
Saúdos