viernes, 31 de diciembre de 2010

Un brinde

Escaparate en Porto. Un pouco de todo...
.....................
Podes pedir un desexo, ou dous, ou tres...


Un brinde e os meus mellores desexos para o 2011.
Unha copiña á vosa saúde!


E tamén un brinde pola nosa Galicia!

5 comentarios:

Harmonía dijo...

(Teño entendido que o vídeo para a nova campaña de promoción da nosa comunidade "Galicia ¿Me guardas el secreto?", provocou certas polémicas e diferentes opinións).
Con todo, a min pareceume oportuno enlazalo neste post. Mais unha pega si lle poño: creo que sería máis acertado e lóxico que o título e a voz en off aparecesen en galego, con subtítulos en castelán. Pois as expresións propias da nosa lingua e a musicalidade dos sons das nosas palabras, tamén forman parte dos segredos e da beleza de Galicia. Ben sabemos que, aínda que algúns pensen e digan o conrario, fóra da nosa comunidade hai xente que si é capaz de entender o galego e que lle gusta escoitalo.

Paz Zeltia dijo...

Aquí Zeltia, neste inicio de madrugada, atiborrándose a chocolate e escoitando a Madredeus

A min non me gusta a campaña esta de Galicia, [como xa dixen nun post no meu blog hai pouco] pero e que, agora mesmo, despois de ler os desexos de Victor Hugo, non teño gana de falar dela. Quedo así coma nunha nube... que ogallá se nos concedan, se non todos... algún
Deseo que tú, siendo joven,
no madures deprisa,
y que siendo maduro, no insistas en rejuvenecer,
y que siendo viejo, no te entregues a la desesperación,
porque cada edad tiene su placer y su dolor y es preciso dejar que ellos nos recorran.


Un dos deseos deste ano, e tomar un café contigo un dia que vaia polas terras do Deza.

Feliz 2011

Anónimo dijo...

Ala ala!! Todos a darlle o drinking... e ao mellor non é mala idea... e despois "bo levantamento de párpados 2011!!".0

Chousa da Alcandra dijo...

Non viñen corresponder ó brinde por dúas posibles razóns:
a) Collín tal melopea na noitevella que non valí nin para encender o ordenador
b) A gripe apoderouse de min no ano vello e insistiu en iniciar o novo en pleno apoxeo.

Fose cal fose, parece que vai amainando, así que -co teu permiso- brindo hoxe!
Bicos de 2011

.com dijo...

O meu brinde!!!!!
Sorte!