martes, 21 de septiembre de 2010

Figos


Según a Biblia, a terra prometida fluía con leite e mel, pero a terra prometida era máis que iso; era unha cornucopia que se desbordaba con toda clase de froitos e cereais saudables, comidas para a sanidade: “Terra de trigo e cebada, de vides, figueiras e granados; terra de oliveiras, de aceite e de mel” (Dt. 8:8).


Grazas, Neves, polo agasallo desta cestiña de figos. Un dos meus manxares preferidos!!!

E a cesta cos figos trouxo á miña memoria aquel xeitoso cesto de Xosé. (Ata estiven a punto de copiarche o poema…)

O: Espero que este post tamén che abra o apetito;-)

Desfrutade do outono!!!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Claro que si Auriña, aínda me lembro do día que andei a procura dos "gojis" que por certo o seu sabor non logrou convencerme de todo, pero sen papar non quedaron.
Hoxe cos figos demos de cheo, habíaos na nevera fresquiños.... porque xa se sabe os sucedáneos poden matar un antollo, pero non é o mesmo.
Grande aperta.O

Chousa da Alcandra dijo...

As abellas de Antas saben moito da idea da abundancia bíblica, xa que non saen dos arredores da miña figueira!

neves dijo...

No primeiro cadro parece que se poden coller.

Pois...non sabía que era unha das túas favoritas.
As grazas, para ti, que correspondes con sosego e paz.

Achégate e colles!!

Xosé dijo...

Que fermosura, mi madriña!!!!
Que ganiñas me entran dunha boa manchea deles...

[Digo eu: e por que non???]

Harmonía dijo...

O, moito mellor os figos que os "gojis", nin punto de comparación!
Chousa, tes que vixiar esa figueira, porque as abellas e os paxaros sempre se paran nos máis maduros e axiña chos probarán.
Neves, xa ves como degustamos os teus figos.
Xosé, "tarde piache"! A cestiña quedou baleira. Terás que agardar por outra figueira...