miércoles, 18 de agosto de 2010

Ao solpor


Son as 21:36. A Lanzada, 30 de xullo . O espectáculo comenza.

Hoxe, adícocho a ti.


21:36
…Aínda sigo posuindo moedas de sol nos meus petos, e sinto que teño moito por andar coa miña equipaxe de vento.
Gracias a todos.
Dezarutas

21:36

A Capela da Nosa Señora da Lanzada é testemuña, cada día, da chegada do ocaso: o sol fundíndose no mar… Afortunada ela!


21:37

Unha gaivota voa cara o leste.


21:37

Non hai moito, A. comentaba:
A veces, cuando llegaba a casa, encontraba una nota en la puerta que decía: “Estamos en la puesta…”


21:38

E alá acudía A. para reunirse cos seus amigos e desfrutar xuntos da posta de sol.


21:38

A. é unha entusiasta da natureza. Gústalle subir ás montañas, baixalas e deterse a descansar xunto aos lagos.

-Me encantan los lagos pequeños…

A. cóntache as anécdotas das súas viaxes con gran entusiasmo, as súas narracións son tan auténticas que, inevitablemente, fai que te traslades ao lugar de ensoño que ela che pinta a través do relato das súas historias; é coma se estiveses alí! A ela gústalle compartir as súas vivencias, as súas lecturas... A. dá tanto e sen pedir nada!
A. fala pouco e despacio. Ás veces, ata fala sen falar… Os seus silencios falan por ela. A. ten a capacidade de saber escoitar. Cando ela fala, ninguén a interrompe ata o final. E cando se dirixe a ti, sempre te mira á cara, firme, con calma, con serenidade, con interese, aínda que teña ben présa. Os seus sorrisos son aloumiños para a alma! A. é asertiva pero flexible, empática e comprensiva. A. é moi elegante, nela todo é harmonioso. É un pracer poder conversar e traballar con ela. A. é unha boa compañeira para camiñar día a día.


21:38

O con déixase acariñar polo mar calmo e a luz crepúscular…


21:39

Durante a terceira semana de xullo de 2008, asistín a un curso de verán en Pontevedra organizado pola UNED, sobre “Cine educativo e didáctico”. O coordinador da actividade era José Paz Rodríguez, Profesor da Facultade de Educación de Ourense. O esquema de traballo era máis ou menos o seguinte: presentación dunha película, proxección do filme e, posteriormente, debate/posta en común sobre a obra. En total, a sesión duraba unhas cinco horas de luns a venres. Aínda que pareza incrible, non saïamos cansos nin aburridos. O máis interesante da mañá, concluïamos todos: “escoitar a Paz”.


21:39

Paz, sentábase nunha silla no medio da aula e falaba despacio, sen perder o sorriso; cada pouco, facía unha paradiña… e continuaba. Un profesor que consigue entusiasmar ao público! Un grupo de alumnos adultos (estudantes e docentes) en pleno verán, podedes imaxinar a escena? Recordaba aos avós (non pola idade, senón polo xeito) que tan ben saben narrar, recreándose en cada palabra, en cada recordo, sen présa, pois saben que dispoñen de todo o tempo do mundo! El contábanos, abraiado, as súas experiencias cos nenos e nenas dun pobo da India aos que el visitaba e axudaba cada ano; e insistía, sorprendido, na falta que tiñan de todo, dos recursos máis básicos para sobrevivir e inda así sempre sorrían e conservaban a capacidade de alegrarse e amosarse moi agarimosos e agradecidos polo máis mínimo detalle que tiveses con eles.

-Eles só posúen o que cada día lles trae. Teñen moito que ensinarnos e nós que aprender deles! Danche tanto cariño!
Saltan de ledicia ante unha caixa de cores!!! Unha simple caixiña de lápices de cores…

Nun momento dos seus relatos, falando da necesidade de fomentar os valores na educación e de aprender a identificar e xestionar as emocións, José Paz, afirmou:

-Mirade, se conseguides axudar a desarrollar a sensibilidade para que os vosos alumnos sexan capaces de desfrutar dunha posta de sol, xa é moito!


21:43

Como corría unha brisa fresquiña, tiven que botar man da toalla que levaba na bolsa e improvisar unha capa para abrigarme. A mesma toalla que pola tarde me servira para protexerme da area que o sol abrasaba.


21:43

Os tons alaranxados dos últimos raios de luz, intensificaban as cores do vestido.


21:43

E aquel ventiño do norte abaneaba a tea con tal forza, que mesmo parecía que me quería empuxar cara o mar coma se fose un barquiño de vela…


21:43

...unha vela de cores…


21:44

Ao cair da tarde
Penso sempre mais
E a luz que me invade
São as cores naturais


21:45

Un zoom


21:45

Outra gaivota busca a claridade do leste.


21:47

Cada figura
que passa por mim
nem me perturba
e eu fico assim


21:55

Do laranxa ao vermello…


21:57

Desde o balcón do miradoiro, comtemplo as últimas imaxes dese espectáculo marabilloso.


21:58

Longe me leva este silêncio
e o sentir que se altera
são as cores do sol


21:59

Un día máis que remata. Renace o silencio.


21:59
E eu fico encantado
e eu sinto-me a arder
quando o dia se apaga
fica tanto para ver


6 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

...e cando o silencio fala, sobran as palabras...

(Que había ganiñas de contalo nótachese; que había ganiñas de lerte debía percibirse!).

Bicos de agosto con solpor do Ulla

Anónimo dijo...

Parabéns, Mestra Aura conseguiches que desfrutase dunha posta de sol extraordinaria, pagou a pena esperar....grazas.
" A túa A semella doutro mundo...!"

Bicos.O

Xosé dijo...

Eu tamén coñezo a A (vantaxes de traballar coa Mestra Aura, como moi ben di O)e corroboro todo o que Aura escribiu sobre ela.
[E cando se dirixe a ti, sempre te mira á cara, firme, con calma, con serenidade, con interese, aínda que teña ben présa.] Si, Aura, esa é a nosa A, pero tamén es ti: cantas veces o comprobei nestes meses!!!
Alegreime moito da volta de Harmonía. Nótase que regresa con moitas cousas que ofrecer.
Bicos e grazas por axudar a retellar.

Anónimo dijo...

Fermosa crónica. O espectáculo que nos ofrece o astro rei cando se vai pola liña do ceo, e ao día seguinte regresa.

Harmonía dijo...

Alégrame que vos guste o particular solpor de Harmonía.

A nosa "A." é deste mundo, si que é! Falando dela, quixen resaltar certas cualidades e actitudes que eu aprecio e valoro nas persoas. Todos temos un pouco de A., uns máis que outros; xa quixese eu!

Grazas a vós por seguir aí. Continuaremos retellando... Apertas de verán.

neves dijo...

Aquí o noso regreso:
menuda ENTRADA!