viernes, 9 de julio de 2010

Xesta, xara...



Xogamos co “X”:

Xesta, xesteira, xente, xentío, xúbilo, xenial, xuventude, xeonllo, xogo, xogada, xornada, xema, xantar, xoia, xeitoso, xardín, xazmín, xarope, xeo, xeada, xerra, xoaniña, xílgaro, xincana, xornal, xaneiro, xuño, xirasol, xullo, xamón, xanela, xélido, xofre, xerme, xinete, xograr, xeroglífico, xadrez, xara

Xosé, Xoán, Xulia, Xabier, Xesús, Xenoveva, Xenxo, Xiana, Xervasio, Xián, Xaime, Xacinto, Xosefina, Xoaquín, Xurxo, Xes, Xenerosa, Xerónimo, Xusto, Xulián…


10 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Xuro que os xuros están baiXos (coma sempre...depende como se mire).
Xoseluis non é un nome?

Aura dijo...

Eu pensaba que eran dous nomes distintos; claro que se os escribes xuntos pode que pasen por un.

En canto ao dos xuros, si que depende se prestas ou se pides prestado. Haiche boa diferenza!

Xosé dijo...

Hai que arrearlle unha XOSTRADA á XOVENQUIÑA para que se poña ao XUGO.
Palabras doutro tempo, Aura, palabras do carro de vacas. Outra máis, pero desta volta sen X: cando merquei o meu primeiro coche non era eu un condutor moi fino e xemía para levalo ao cuberto que servía de garaxe; meu pai poñíase a indicarme o xeito de dar a volta na eira e, mentras xesticulaba, dicíame: "Roncea, roncea!".

Harmonía dijo...

Lembranzas con "xeito". Ai, aqueles tempos! Sóanme as historias que contas, Xosé.
Por aquí dicimos: "rousea, rousea..."

Anónimo dijo...

Xo!!! non Xeneralicemos, a miña Xovenca era a máis boiña das cortes, e con falarlle Xa era abondo.... máis é certo ca Xostra andaba sempre na man.
Lembro o cantar aquel de Xil:
Xirarei...
e tamén a empanada de Xoubas
(que non comín Xamais).
Xaora ivan ben uns Xeadiños,
va que si??
saúdos, O

Carmen dijo...

Xove, Xinzo, Xunqueira...

Anónimo dijo...

E tamén:

Xestoso
Xis(a Casa do Xis en Agolada)
Xirimbao(a área recreativa do Xirimbao en Teo)

Saúdos xeados para competir con este calor...

Ana dijo...

(repito o comentario, pq vexo que non chegou ¿?)

(Serra do) Xistral
xabarín/xabaril
xenerosidade (a túa)

Un saúdo

"España" dijo...

XA temos o trunfo!!!!!
XA podemos berrar:gañamos!!!!!
XA somos campións do mundo!!!!!

Anónimo dijo...

XOLDRA