sábado, 27 de febrero de 2010

Hospitalidade


Hospitalidade é a palabra que hoxe rebule na cabeza de Aura, a mesma sensación que quere reflectir no espazo de Harmonía.

DRAG-Hospitalidade: s.f. O feito de acoller a alguén amablemente e con afecto. Agradecín moito a hospitalidade daquela xente, que me recibiu na súa casa coma se fose da familia.

E como Galicia tamén é sinónimo de hospitalidade, déixovos un vídeo con fermosas imaxes da nosa terra.

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Gústame tanto esta foto, que mesmo me gustaría poder asinala. E que a poñas como título para a hospitalidade xa é o summun da ledicia. Que outra cousa podería pensar "unha Chousa"...

Un bico (ó final sin tanto vento!. E toco madeira!)

Anónimo dijo...

O - Hospitalidade: s.f.
Agradecemos infinitamente a HOSPITALIDADE da extraordinaria e marabillosa Aura que nos agarima na súa casa, coma se fósemos da familia.
Saúdos

Xosé dijo...

Na miña cabeza tamén rebule a mesma palabra que na de Aura, e sospeito que pode que polos mesmos motivos...
A verdade é que onte nos agasallaron a base de ben, non si, Harmony?

Harmonía dijo...

A foto, Chousa, saíu dunha chousa, ou zarra que aquí lle chamamos; un lugar onde abundan as árbores que sempre invita á hospitalidade. Co nome que tes, non me estraña que che guste!
Agarimosas (e un pouco esaxeradas) palabras as de O.
Si, Xosé, os mesmos motivos. Adiviñas moi ben! Respirábase hospitalidade e agarimo con maiúsculas.

Grazas aos tres e apertas.

Esp. dijo...

espido pide desculpas