sábado, 14 de febrero de 2009

Amor


As novas claves científicas
Amor = (a+i+x) k

Con la fusión de las bacterias, nació el amor, según Eduardo Punset. El viaje al amor, empezó hace 3.000 millones de años y surgió “en el momento en el que una bacteria se preguntó si había alguien más ahí porque no podía vivir sola”. Una cita suya lo recoge con claridad: “Cada organismo buscaba ansiosamente en otros la energía que no tenía, la velocidad que le faltaba, la capacidad para respirar oxígeno letal o la protección frente a la incertidumbre” frente a un entorno cambiante y mutable.
Música da película Hace mucho que te quiero: sensibilidade, comprensión e perdón.



Ano 2007, a finais de xaneiro, na clase, falando sobre a celebración do Día da Paz:

- Que queremos decir cando falamos de paz? Que é para vós a paz? Como se pode conseguir? Credes que hai outras palabras que se relacionan co concepto de paz? Etc.

Comenzan as reflexións, dúbidas, discusións e diferentes opinións. Todas as respostas son interesantes, incluso sorprendentes algunhas. No fondo, detrás dese escudo de rebeldía característico da adolescencia, tamén hai sensibilidade. Só que ás veces, cústalles un pouco amosala. Axudarlles a expresarse, sen medo ou complexos, non é doado pero si unha satisfacción. Entre outras aportacións, saiu a palabra “amor”.

- Moi ben. Vouna escribir en maiúsculas, parécevos?
- E por que?

Continuaron as preguntas e o debate. A profe, faláballes do amor pola natureza: a necesidade e o pracer de coidala e desfrutala, de vivila: os ríos, as árbores, as prantas, as flores…

- Pero vostede que di??? Como imos sentir amor polas flores??? A min gústanme, pero... amor? Nunca oín tal cousa…

Que eu son unha namorada das flores, non fai falta que o diga… Unha boa parte das entradas deste blog, xurden á raíz da foto dunha flor. Representan a beleza e a perfección, tenrura e fraxilidade; plenitude, cando están abertas; e, por suposto, son un símbolo de liberdade: amósanse tal como son, aínda que só vivan uns días ou apenas unhas horas. Ata cando están murchas, secas, case sen cor, son fermosas e conservan o seu aroma. Se cadra é porque viven, plenamente.

As fermosas paisaxes e os sentimentos humanos, nesta emotiva e inesquecible película:

Memorias de África

Out of África-Song of Africa

Out of Africa-John Barry



Hai uns catro anos, Diego regaloume este corazón, polo Día da Nai (non son partidaria dos “días de”). O importante é que o fixo el, con ilusión; o motivo, é o de menos. Papel pinocho vermello, tiras de follas de periódico, unhas grapas e o seu toque persoal. O resultado: un corazonciño ben animado, alegre, tenro e inocente. Desde entón, vive pendurado dun fío na cociña. Co paso do tempo e a humidade, vai perdendo cor. Máis dunha vez pensei en retiralo. Non son capaz. Cando me acerco e o miro de frente, semella rogarme: “déixame uns días máis, non molesto…” E así pasa un ano e outro, xa é como da familia.

Soños, fantasía e realidade. O poder do amor, a comprensión e a xenerosidade.

El castillo ambulante

2 comentarios:

neves dijo...

Unha composición, Isabel, digna de estar na gran rede; tamén nos axuda a seguirte coñecendo outro pouquiño máis.
Sabes, estes días marcados ás veces producen o efecto esquecemento ano tras ano.

Se mañá non te atopo paseando, douche agora esta "aperta" virtual pero con...amor!

Anónimo dijo...

Ou tamén:A=DAR
Saúdos.