miércoles, 31 de diciembre de 2008

Pensamentos


A vida só pode ser comprendida mirando para atrás,
mais só pode ser vivida mirando para adiante.

Soren Kierkegaard
Música de Francis Lai para despedir o ano que remata.
Que teñas un bo ano!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

E chegou o fin de ano. Música un pouco triste,¿non?
¡Feliz 2009!
Unha aperta, Aura.

Anónimo dijo...

Gústame a imaxe que escolliches para despedir o ano, tamén as reflexións e a música. Os meus parabéns.
¡Moita sorte para o 2009!
Un abrazo.

Anónimo dijo...

Toda a razón tiña aquel pensador:sempre hai que vivir mirando para adiante.É o único xeito de estar en condicións para axudar ós que o necesitan máis ca nós, que son moitos.
¡Un 2009 cheo de ledicias!

Anónimo dijo...

Nestes días de descanso teño máis tempo para todo e tamén para entrar e pararme nesta túa casa.
Unha posta de sol para despedir o ano paréceme estupendo. A foto ten unhas cores moi vivas e alegres para ser ó aterdecer. Uns cantos pensamentos para seguir cavilando sempre veñen ben e a canción de despedida é moi relaxante.
¡Feliz Aninovo!

Anónimo dijo...

Eu tamén che desexo ¡Feliz Aninovo!
¿E onde andas metida este ano? Desde aquela fermosa posta de sol do 31 xa amaneceu dúas veces...

neves dijo...

Kierkegaard, meu Deus, onde o deixei??
Preciso que estes pensadores me dean outro "toque"...
Enerxías!!