martes, 18 de noviembre de 2008

Fechos






Este vídeo xa o puxen noutra entrada que levaba por título Portas. Xa que, fechos, fechaduras, chamadores, trancas e trinquetes van sempre xuntos, quixen traer de novo esta reportaxe etnográfica. A min gústanme moito as fotos e tamén a música de Luar Na Lubre. Chamoume a atención a variedade de portas cos seus fechos que se poden atopar por toda Galicia. Algunhas son moi sinxelas, pero non por iso de menos valor e encanto. As fechaduras antigas e a súa simboloxía, teñen moito que ver coa nosa cultura.
Algunhas das portas das fotos que eu traio, foron pintadas recentemente. O excesivo brillo da pintura, fai que os fechos e chamadores destaquen menos, unha pena! Subín as fotos en tono sepia, para disimular un pouco. Só as dúas primeiras conservan a cor natural da madeira, envellecida e embelecida polo paso do tempo, que sorte!


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Una mirada al pasado que permanece. Las puertas con sus diferentes cerraduras. Que se mantengan en tan buen estado es una suerte. Que hayas tenido la idea de recogerlas en estas imágenes con todos sus detalles, también es una suerte. Los enlaces que adjuntas son muy interesantes. Continúa viendo y, sobre todo, mirando tan bien. Un saludo.

Anónimo dijo...

Ola, Aura
O mesmo día que publicaches este post eu fixen un coa foto dunha vella porta. A coincidencia dáme pé a felicitarte polo teu blog, ao que acudo para mirar coas túas miradas. Todo un pracer.
Saúdos

Anónimo dijo...

Alex, alégrame saber que che gusta asomarte a esta ventaíña. Si que é coicidencia o do post. Hai tempo que quería subir estas fotos pero non me convencía o resultado dalgunhas das imaxes; quería publicalas xuntas xa que son da mesma casa. Ao fin, aquí están.
Esta tamén é a túa casa. Saúdos.

Grazas tamén ao anónim@ polo seu comentario.