viernes, 31 de diciembre de 2010
Un brinde
lunes, 27 de diciembre de 2010
Pan e Circo
pan s.m. 1. Alimento feito dunha masa de fariña, auga, sal e lévedo, que fermenta e coce ó forno e pode ter diversas formas. OBS. Pode facerse de trigo (tamén chamado pantrigo), de centeo ou de millo (só ou mesturado con outro cereal: pan de broa).
circo s.m. 1. Lugar onde os romanos realizaban espectáculos, con chanzos para os espectadores. 2. Recinto circular estable ou ambulante onde os artistas realizan diversos exercicios de ximnasia, acrobacia, doma de animais, espectáculos de pallasos, etc., para un público que está arredor do escenario.
jueves, 23 de diciembre de 2010
Conversas
Ao fío destes parrafeos, lembrei outras conversas:
Onte, durante unha "reunión de traballo", un compañeiro comentounos acerca dunha visita realizada cuns alumnos a unha residencia xeriátrica da zona. X. C. afirmaba que a experiencia fora moi interesante. Os anciáns explicaban como vivían cando eran máis novos e emocionábanse ante a visita dos estudantes. Eles, entre outros comentarios, seica dicían que lles estrañaba que tantos vellos estivesen nunha Residencia...
jueves, 16 de diciembre de 2010
Tecidos
A idade media da vida no chamado primeiro mundo vaise achegando aos cen anos [...]
O doutor Valentí Fuster, ese mestre cardiólogo que transmite saúde con palabras coma se descifrase tamén a gramática do corazón, fala coa sinxeleza dunha alternativa ideal para a saúde persoal e para o contorno: unha segunda existencia vivida en clave comunitaria. Ter unha vellez activa, non para seguir competindo por xerarquías ou posesións, senón comprometida con causas sociais. Poderíamos dicir con humor: despois da xubilación, a revolución.
A proposta de Fuster, compartida por tantos outros, ten un sentido práctico e moral. A solidariedade é un xeito, talvez a mellor, de autoaxuda. Converter en medio ambiente iso que os loitadores doutro tempo chamaban "axuda mutua". [...]
Dividir o mundo por idades, por xeracións, é unha visión moi superficial da humanidade. Pode ser útil para politólogos, sociólogos e, sobre todo, para expertos en mercadotecnia. Por iso é tan suxestiva, tan revolucionaria, esa proposta de voltear con sentimentos a pirámide de idade.
-Onde vas coa bici avó?
-Vou cambiar o mundo, rapaz.
Manuel Rivas. A corpo aberto.
Falando de lazos e tecidos interxeracionais, acordeime deste filme:
La bicicleta (ficha técnica)
La bicicleta (trailer)