lunes, 31 de agosto de 2009

Verde agosto


Agosto. Unha mañá soleada…
Estas imaxes verdes podían ser tomadas en calquera outro lugar. Pero dá a casualidade de que este, non é un lugar calquera…






















Observando a elevación do terreo, recordei este vídeo: un agradable paseo nunha tarde de agosto por un fermoso espazo natural, recuperado con moito esforzo, en terras de Trasdeza. Mentres, escoitas a canción "Hold on" de Tom Waits. Vaiche gustar.

8 comentarios:

neves dijo...

Adeus agosto, adeus.

Carballos, carballiños, carballos: a nosa herdanza! E que axexe sempre o sol entre eles.-

Alex Ghalpon dijo...

Non é, non, un lugar calquera. É unha fortuna poder saír do afogo que ás veces nos producen as tarefas e poder entrar nun paraíso coma ese... que bos recordos!
Toiriz é un lugar tamén moi especial. Hai tempo que paseei por alí cuns trasniños que puxeron as fotos daquel día no you tube. Podes velos aquí: http://www.youtube.com/watch?v=NgdH9YpxnpM.
Moitos bicos

Anónimo dijo...

...e recordar é voltar...a vivir ).
Aguantando.O

Chousa da Alcandra dijo...

Canta fermosura e canta vida se percibe, incluso despois do paso caluroso do sol!

Un bico de setembro!

Chousa da Alcandra dijo...

Vou ter que agardar a que entre outubro para mandarche outro bico ou qué?

Bea dijo...

Toc,toc,toc...
Hai alguén por aí? Ou perdiches a cámara?Cóntanos algo!
Un abrazo.

Aura dijo...

Alégrame, Alex, que estas imaxes che touxesen bos recordos. Como di O: "recordar é voltar...a vivir". Por certo, aqueles trasniños que te acompañaron na visita a Toiriz, gardan moi bo recordo da sua profe de Sociais, estou segura.
Apertas de outono.

Alex Ghalpon dijo...

Eu tamén gardo moi bos recordos deles... Xa se botan de menos novas miradas desde a túa ventá, non deixes que as novas responsabilidades nos priven das túas acolledoras imaxes e palabras. Apertas con aroma de queixo de San Simón