domingo, 16 de agosto de 2009

Ermida...


A ermida da Nosa Señora do Faro está situada na cima do Monte Faro, no concello de Chantada (Lugo). O templo data do século XVII. Nesta capela, cada ano, os días 15 de agosto e 8 de setembro, celébrase a romaría en honor á Virxe.



Seguimos camiñando polo alfabeto e detémonos no "E":

Ermida, encanto, estrela, estremecer, educar, esperanza, escampar, enxoito, erguer, escuma, escola, ensinar, enamorar, empatía, entroido, engurra, espiño, estruga, estrume, espiga, érbedo, estraloque, espadana, espaleira, estrada, escada, escaleira, esqueira, ermo, esquecemento, esmorga, esmola, estratexia, estrear, estreitar, embelecer, envellecer, empenar, estallar, estrago, estorniño, esquío, escalo, eixe, estoxo…



Ester, Edelmiro, Estela, Estrela, Esmeralda, Eliana, Eduardo, Elva, Elisa, Elixio, Elías, Eva, Eliseo, Elvira, Emérita, Emilio, Emma, Ernesto, Esperanza, Eusebio, Edita, Eudoxio, Euxenio, Evaristo, Evanxelina…


9 comentarios:

neves dijo...

enxebre

Eleonora

Anónimo dijo...

(A)Ermida:entrañable.
(O video)espectacular e emocionante.
Engado:encantamento,enfeitizo,
Eulalia e Eufemia.O

Espido dijo...

EMPANADA
empanada-mental é a que eu teño,con perdón-.

Ana dijo...

espello

Anónimo dijo...

espiña,encoro,estaca,espertar,
esnafrar,enlarafuzar,enfiar,
esparruñar,eira,empoleirar e....
(vou parar).
Un saúdo.

eu dijo...

Estima
Eu estímote.

Aura dijo...

Cantas palabras deixara no aire! Agora, grazas a vós, dámoslles entrada. Como non recoller estas voces: enxebre, encantamento, empanada (sabrosa aportación e por duplicado), espello, espertar, encoro, estima..., e todas as demais. A lista podería continuar; será noutra ocasión.

Aura dijo...

En canto á Ermida do Faro, se non a coñecedes, anímovos a que o fagades. Se vos gusta a algarabía, podedes ir o 8 de setembro, o día da Festa Grande. Se non, calquera outro día é axeitado para subir ao Monte Faro. Dise que a capela ten forma de barca invertida e tamén que xa pobos moi antigos levantaran un templo en honor ao sol. O que si e seguro é que poderedes desfrutar dunhas amplas panorámicas cunhas vistas espectaculares: ao leste, están as terras de Chantada, Taboada, A Barrela, etc.; e ata podedes divisar as serras de O Courel e Os Ancares( se o día está claro). Polo oeste, está o Val de Camba, con fermosos prados sempre verdes e moitas árbores. E a vista pode acadar ata O Pico Sacro.
A min, gústame ir en calquera época do ano. Cando non hai ninguén, o silencio que se escoita, abonda para gozar.
Pero desta vez, o día 15 de agosto día da Festa Pequena, o que me cautivou foi a paisaxe formada polas xentes que alí acudiron: as apertas, os bicos e os sorrisos das familias ou os amigos que se xuntan de ano en ano. As entrañables miradas de complicidade e alegría e as animadas conversas ao redor dun prato de polbo. Canta ledicia!

Apertas.

Chousa da Alcandra dijo...

A min tamén me gusta ir fora dos días de festa.
A ver se un día coincidimos alí na cima...