viernes, 28 de agosto de 2009

Agosto verde

Agosto. A media mañá. Un día soleado. Decido facer un descansiño nas tarefas que me ocupan nesa xornada. Teño a cabeza un pouco aturdida e sinto que necesito respirar aire fresco. Abro a porta. A luz dáme na cara e é tan intensa que ata me fai pechar os ollos por un momento. Comezo a camiñar. Como levo sandalias, os meus pés senten o frío e a humidade do resío da noite que aínda queda na herba. Percibo un agradable arrecendo, unha mestura de aromas silvestres. Ao meu paso ábrese unha nube de saltóns, non vaia ser que os pise. Párome. Eles tamén deixan de saltar. Desfruto do silencio, tan só interrumpido polo murmullo doutros insectos que danzan por entre as herbas. Uns pasos máis. Agora escoito o canto dos rebuldeiros gorrionciños. Tamén algunha merla, non estou segura; quizais teña o seu niño ao outro lado das silveiras das fincas que lindan con este espazo verde, sabiamente protexido, apreciado, mimado e ben coidado. Canta beleza, aquí tan cerca! Decátaste de que, ás veces, non é necesario ir moi lonxe para gozar da natureza. Un paseo curto pero, que ben me sentou! E, de paso, recollín estas imaxes verdes que agora comparto con vós. Poderían ser tomadas en calquera outro lugar. Ou non…



4 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira ti cantos recantos da paisaxe nos perdemos por andar a prisa e non deternos a mirar.De certo parece un espacio ben apreciado.
Trainos máis.

neves dijo...

Teriamos que pasear xuntas!

A n.3, contando por abaixo, é máxica.-

Anónimo dijo...

Pois grazas,unha vez máis por compartir fotos... e todas esas sensacions que coas túas palabras nos fas sentir.
Encántame,"agosto verde"
pero,traeme moita nostalxia(pero ese pero tamén pode ser bo. Ou non...
O.

Aura dijo...

Pois espero que o seguinte post (continuación deste)non contribuíse a incrementar a nostalxia...

Saúdos