viernes, 21 de agosto de 2009

Con chaqueta


No pasado mes de xullo, polo noroeste peninsular, o sol estivo máis ben de vacacións. E nós, que cada vez estamos máis acostumados a programar o tempo de lecer ata o último minuto (en vez de intentar integralo durante todo o ano, día tras día), non entendemos ou cústanos tolerar que nos rompan os nosos plans. En xullo e agosto, en Galicia, “ten que” quentar o sol e chover pouco. Hai xente que asegura que “sempre” foi así… ( Eu, teño as miñas dúbidas, ou quizais me falle a memoria). Cando as nosas predicións ou expectativas non se cumplen, desesperámonos. Os días das vacacións agótanse e non podemos broncearnos, tostarnos (ou achicharrarnos) ao sol. Que van didir os veciños e amigos cando regresemos? Si, si, esta é a gran preocupación de moitos veraneantes da costa. Como se non houbese outras actividades alternativas á praia. Pero claro, iso significaría cambiar a programación. Non pode ser. E máis doado queixarse, lamentarse e ata deprimirse se fose necesario.



Nun daqueles días grises, mentras camiñaba polas rúas dunha vila mariñeira e turística das Rías Baixas, escoitaba estes “interesantes” comentarios (na súa maioría queixas) que tan xenerosamente expresaban e compartían algúns visitantes a través do teléfono móbil. Vounos ir intercalando entre as imaxes que tomei. Cada ano, descubro, con tristeza, que quedan menos recunchos con encanto neste pobo mariñeiro que maxestuosamente se asoma á Ría de Pontevedra. Hai menos de trinta anos, a maioría das vivendas, tiñan un pequeño xardín e a súa hortiña detrás onde non podía faltar a vide, o limoeiro ou a laranxeira. Eran casas de pedra de cantaría. Unhas, humildes, de construción tradicional e sinxela. Outras, presentaban fachadas cunha rica decoración; así, os detalles nas ventás, nos balcóns, nas portas, os escudos, ou as chemineas, daban mostras da prosperidade dos seus moradores noutro tempo. Nás dúas últimas décadas foron derribadas e, no seu lugar, levantaron altos edificios (de ata catro e cinco plantas). Sen respectar as distancias mínimas entre eles (ás veces) e sen ter en conta ningún código estético. Poderíamos concluír que, desafortunadamente, a desorde urbanística e o feísmo apoderáronse desta vila. Tan só quedan algúns recordos.








-En general, bien. El paisaje precioso. Lo malo es el tiempo.
-…
-No es que haga mucho frío pero tienes que ir con chaqueta, por la mañana, por la tarde, por la noche…
-…
-¡De verdad! ¿Que no me crees? Espera.
¡Maite! Ven, anda, sácame una foto y se la enviamos para que vea que hablo en serio.
En pleno verano, a media tarde y ¡¡¡con chaqueta!!!...







Fenomenal! Muy bien, muy bien. […]
-…
- ¿El tiempo? ¡Mejor ni hablar!
-…
-¿Que por qué? Los gallegos dicen que hace fresco… ¡Pero si por la noche hasta tienes echar la manta en la cama! ¿Dónde se ha visto, en le mes de julio… ?
-…
-Como te lo digo, llevamos toda la semana con la manta…











Para levantar un pouco os ánimos invítote a escoitar unha canción do Gran Boss, quen tamén visitou Galicia neste verán:




Esta vez, unha anécdota cun tono máis optimista:

-Parece que van caer unhas pingas… (Dille unha señora a un visitante ante a ameaza de treboada). Pero non se preocupe que que só é unha nube pasaxeira. Axiña volverá raiar o sol, xa verá. Aquí, no verán, élle así…
-¡Si tranquilo ya estoy! Señora, yo cuando veo llover y me acuerdo de los cuarenta grados de Madrid, ¡me río solo… !

Este home si que sabe desfrutar do “noso mal tempo”. Listo que é, -pensei.
O dito: Nunca chove a gusto de todos…
Manta, chaqueta, paraugas, chuvia , verde… Galicia. Termos inseparables?




E para seguir soñando déixoche, de novo, a voz e a guitarra do xenial Bruce:

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha extensa selección de boas fotos. E moitas queixas:
Os turistas quéixanse polo mal tempo e non lles falta razón, o malo é que non ten arranxo.Ti tamén te queixas pola falta de planificación urbanística da localidade e eso si que se podía ter evitado. Simpático o tío madrileño...
A música que nos traes é oportuna. Queixaríase o gran Boss do noso mal tempo??
Unha pregunta (queixa):onde andaban os visitantes ese día,ou é que non quixeches fotografialos?
Saúdos

Bea dijo...

¿A Dorniña sen xente? ¿E logo fuches de madrugada ou que?
Tes razón no das casiñas que cada ano hai máis edificios. Os miles de euros que andan por medio atraen...
Unha aperta.

Aura dijo...

Claro que había xente polas rúas e tamén nesta popular taberna. Foi o obxectivo que mirou para outra parte; esta é unha desculpa coma outra. En realidade ocorre que, a Aura, non lle resulta doado retratar á xente sen permiso.

Saúdos.

neves dijo...

Con retraso, que esto medra...

Escollo aquela ventá de madeira cos catro testos.

Aura Isabel de Doade, vin que no calendario debaixo do vintecatro aparecía sta. Auria: pois un bico.-