viernes, 8 de abril de 2011

Grazasss


Hoxe, en Harmonía, estamos de aniversario. Moitas grazas polas vosas visitas e aportacións durante estes tres anos. Para celebralo, abrín unha caixiña de bombóns de figo que tiña gardada para unha ocasión especial; un doce agasallo dunha amiga, que hoxe comparto con vós.



Aquela que pousa o fuso e maila roca

Volveuse cara a min e dixo: Teu é o tempo,

estrea días, tesouros busca, vo! A nave

miña vaite agardar.

E fun polo mundo adiante. Quen quere rosas,

ouro, pan trigo, mocidade raiolas de sol?

A nave estaba agardando na ribeira,

de seguro. E a vella pousara na area

o fuso e maila roca.

Tras o verán e o estío, o outono chegou.

A carón da nave voaban follas secas. A vella

díxome: Xa se me cansaban as mans de non fiar.

Eu dera todo agás unha rosa que soubera

meter en min, no peito de meu, no corazón.

Quixen mercar máis tempo. Isto é a vida?

dixen amosando a derradeira rosa.

Na soidade do mundo, só

un vaso ficaba: a caveira da vella tecedora,

que, agora aprendín, tecía cinza.

Díxenme adeus a min mesmo, e na nave

entrei. Requiem aeterna!... Chameilles irmás

ás areas e as cunchas baldeiras e rotas do areal.

Isto é a vida? Isto é un ano, un século, unha idade.

A. Cunqueiro. Herba aquí ou acolá.

11 comentarios:

O dijo...

Mmmmmmmm, que figos máis moreñiños !!
Trio de bicosss e os melloresss desexosss que os tes moi pero que moi merecidismosss ...

Xosé dijo...

Eu xa me adiantei aos parabéns (información privilexiada, haha, pero envíoche unha nova remesa deles.
[Parece que a O lle gosta o doce... E a quen non!]

Harmonía dijo...

Os bombóns (ou figos moreniños), son unha doce achega da amiga Neves. Ofrézovos só 3 como número simbólico, non por tacañería, haha!Pero pódense multiplicar virtualmente...

O dijo...

Pois eu tamén me adiantei e teño probas!! ( non pensaba decir nada...
pero xa que nos poñemos chulosss:))
Na primeira entrada: 8-4-O8.hora e data... xa che digo.
Bicos para os dous, meus amigossss!!

Aura dijo...

Mesmo pareççe que andades á competenççia, "O" e Xosé; grazas aos dous polas vosas visitas a Harmonía e por acordarvos do aniversario, tamén de parte de Aura.
"O",menos mal que me avisaches, porque non ía revisar esa entrada do 2008! Todo un detalle!(non teño activada a opción de aviso de novos comentarios).
[O: es unha fan consumada e cunha prodixiosa memoria!]

Bicos de abril.

Nora dijo...

Bo día a Harmonía,
bo día a ISABEL.

Un BICO de...
chocolate!

.com dijo...

Felicidades polos 3 anos!!!
A traballar para o 4º
Saúdos.

Un figo moreniño si que cho collo.Umnnnnn...

Paz Zeltia dijo...

O malo que teñen os bombóns virtuais é que confortan o éspíritu, pero non confortan o corpo (pásalle o mesmo que aos abrazos virtuais)
-nunca probei uns bombóns de figos-

Moitas felicidades polo aniversario, non puiden disfrutar das túas entradas durante tres anos, apenas durante tres meses, pero isto acaba de empezar!
:-)

Harmonía dijo...

Concordo contigo, Zeltia, no tocante aos bombóns e os abrazos virtuais; pero ás veces... non hai outro xeito:))
Quédome coa túa conclusión: isto acaba de empezar (que 3 anos non son nada, bueno case nada...)
Sempre me alegra verte por esta casiña.
Bicos.

Paz Zeltia dijo...

hahaha, relendo agora os comentarios parece que:

a) estouche a pidir uns bombóns de carne é oso -encántanme os bombíons dixitais-

b) que o traballo/disfrute de tres anos non é nada é, é, é. (parecen eses es tres barquiños de vela)

unha aperta grande, que virtual é todo, presta de carallo!

(eu realmente viña buscando un post que tiñas tí duns milestones romanos. Levo toda a mañá para lembrarme do nome que teñen e non o consigo e de pronto lembrei que ti publicaras un post!,
así que vou ver se o encontro)

Aura dijo...

Zeltia, Here you have:
Os miliarios"