Agunha xente sempre superará a ficción coas súas realidades. Cantas historias habitan en tódalas partes. Todo radica en querer e saber captalas. E despois saber asumilas como humanas.
14-4-95 (1 am)
Estou xa un pouco canso de observar e non actuar. E o meu bolígrafo tamén, ó que parece. Repousemos un pouco a visión e a tinta que se escoa como a vida mesma (pecho os ollos e escoito).
6-5-95 (11,30 am)
Lois Pereiro. Conversa ultramarina.
2 comentarios:
casi podo ver o movimento dos bicos da auga na area ao son da música...
ver a Lois coa cabeza botada para atrás e os ollos pechos pensando en alguén, moito máis alá dese mar calmo.
[os nosos pensamentos, dentro de nós. Sempre. Dentro de nós]
Moi ben interpretado, Zeltia, coma sempre!
Publicar un comentario