A vida, na súa totalidade, debería ter sempre a mesma forza a tódalas horas. Todo flúe e eu quero ser todos eses ríos distintos cada vez; pero só quero obter o que eu mereza e me queiran dar. Toda a Arte é miña, e a beleza está aí para admirala, pero todo o que eu ame terá que ser libre para que non morra na miña indiferencia.
19-5-95 (11,30 pm)
L. Pereiro. Conversa ultramarina.
For me, for you, for her…
Aí estás ti, mírate ben e recoñécete: forte, valente, sa e única! A beleza campa e xira ao redor teu. Desfruta cada etapa.
M.G.
2 comentarios:
Non sei onde descansar mellor, se na pel de flores, se na pel das palabras de Lois, se nas palabras "for you".
E despois... esa paz que transmite o trailer da peli. Vina hai tempo, debía ser outra entón, teño gana de vela de novo.
Agora vou descansar, hei vir ler todo amodiño de novo e recrearme nesas flores que s eentrepechas os ollos parecen moreas de cereixas.
Os textos que achegas provocan unha inxección con grandes dosis de optimismo e as imaxes a tope de colorido en plena primavera.
gracias!!!!
Publicar un comentario