Nun día coma hoxe nacín eu e hoxe tamén abro este meu blog. Levaba algún tempo cavilando nesta idea, pois sempre hai cousas que contar, que comunicar. Agora que teño a oportunidade, non se me ocurre ningunha que me pareza interesante. Vou intentar subir unha foto que me guste (algo que nos leve á natureza, á harmonía) e dou por inaugurado este espazo. Mañá será outro día.
Palabras de Amor Para Mi Esposo
Hace 5 años
2 comentarios:
Hoxe pola mañá cando saín á eira empapei as zapatillas do orvallo que retén a herba... e lembrei as túas gotiñass. Pensamento vai pensamento vén ... veume á cabeziña que harmonía cumpre anos en abril [ e agora (daquela ) non me dá tempo de comprobar o día. Será imperdoable que se me pasara... e Ela é capaz de non decir nada, cando volva será o primeiriño que faga.Porque si, porque me gusta, porque levo moito boíño de ti conmigo e o que me queda...:) Sigue que mañá será un grande día . Bicaso de corazón,O.
O: esta é a túa casa, xa es da casa (ben o sabes) e sempre serás benvida.
Grazas polas túas cariñosas palabras.
Unha aperta e un bico.
Publicar un comentario