Setembro de 1970.
-Buenas tardes tenga usted! Aquí viene la niña nueva- saúda Manolita cando entra na aula acompañada da nena.
Manolita tiña catorce anos e a nena cumprira cinco na primavera.
-Que se siente ahí al fondo, en el último pupitre, al lado de Villaverde!-respondía a mestra sen tan sequera levantar a cabeza.

A “nena nova” ou a nova nena, saíra da casa moi contenta e ilusionada para ir á escola no seu primeiro día de clase. Levaba na man unha carteira que a súa nai lle mercara; era unha carteira con debuxiños xeométricos de varias cores (laranxa, vermello, amarelo, branco… e… azul?). Subiu as escaleiras con ansia da man de Manolita. A carteira era grande, nova e moi bonita! Manolita era unha rapaza moi alta e moi alegre… A nena sentíase protexida! A escaleira de pedra parecía interminable: dun só tramo, sen relanzo e cuns vinte chanzos! Mentres subía, escoitaba o canturreo dos rapaces e rapazas. Naquel momento, con só cinco aniños, non entendía nada de tal mestura de “cancións”: cinco por cinco veinticinco, cinco por seis treinta… / Los afluentes del río Duero… / los mandamientos de la Ley de Dios son diez… Cada un ao seu, uns vinte e cinco rapaces e rapazas en total, con idades comprendidas entre os cinco e os quince anos. E a mestra sentada. Impasible. Distante. Ausente.
A nena nova permanecía agarrada á súa carteira, coa cabeza baixa e recordando as palabras que tanto a súa nai coma a súa avoa lle repetiran nos días previos ao comenzo do curso.
A nena nova permanecía agarrada á súa carteira, coa cabeza baixa e recordando as palabras que tanto a súa nai coma a súa avoa lle repetiran nos días previos ao comenzo do curso.
-Xa verás, vaiche gustar estudar! A profesora e moi boa! Cando che pregunte se sabes ler, ti dille que xa aprendiches as tres Raias e as tres Cartillas!
Según avanzaba a tarde, a nena nova, aferrábase con máis forza á súa carteiriña de cores na que gardaba os libros xa aprendidos, a libreta de raias, o lapis, a goma de borrar e a caixiña con doce lapis de cores. Nos seus oídos resoaba sen parar o eco das palabras das súas proxenitoras: “a profesora é moi boa, xa verás…”, esperando a que a mestra se dignase a acercarse e preguntarlle, alomenos, como se chamaba… Era tanto pedir? Mentres, seguía escoitando o canturreo repetitivo dos rapaces e rapazas, sen comprender nada… E, a nena, empezou a sentir medo… Non lembro como rematou aquela xornada.
Pasaron os meses, chegou o mes de xuño, a mestra reuneunos a todos e comunicounos: “Estáis todos aprobados. Hoy es el último día que venís a esta escuela. A partir de septiembre iréis al nuevo colegio.” Abriu as portas do armario-vitrina que había ao fondo da aula e comenzou a repartir todos os libros que alí había. A min tocoume un de cubertas duras e descoloridas, co lombo de cor vermello oscuro. Marchei para a casa encantada: por fin conseguira un libro “de maiores”! (Ao longo do curso era habitual escoitar dicir á mestra: “ahora los mayores van a… y los pequeños…”). Lino durante as vacacións de verán. Foi entón cando descubrín que alí estaban recollidos varios dos textos que os rapaces de quinto, sexto e sétimo curso recitaban en voz alta, despois cerraban os libros e a mestra dicía: “Silencio todos! Dictado, dos puntos!” E eu, mentres realizaba as miñas tarefas, desfrutaba e debullaba cada palabriña que a mestra ía pronunciando e intentaba imaxinar os personaxes das historias que me facían sentir tanta ledicia! Eu tamén quería ter nas miñas mans, acariñar e ler aqueles libriños vellos que cada tarde os rapaces maiores collían dos andeis máis altos da vitrina.

Veño cavilando neste episodio desde hai tempo. De vez en cando aínda lembro o aroma que se percibía naquela aula: o da tinta dos bolígrafos bic, a madeira vella do chan, a humidade do espazo…Tamén visualizo aos rapaces e rapazas recitando as leccións en voz alta e a mestra sentada ao pé da súa mesa, sempre sentada e con cara de amargada. Sempre triste.
O luns desta semana intentei subir de novo aquelas escaleiras… As silvas, as xestas e os codesos apoderáronse do lugar, rodearon o edificio e xa non se pode entrar. Que esperaría eu atopar a través dos ocos dos cristais rotos da porta de entrada da escola? Foi mellor así.
Cando lin o artigo ghoma no pasado mes de agosto, pensei nas semellanzas e diferenzas do noso contexto escolar dos anos setenta: nós tamén levabamos mandilóns brancos. Estabamos xuntos nenos e nenas pero, desafortunadamente, a nosa mestra -cuxo nome esquecín- non tiña tanta paciencia coma a de Oza!
E eu continúo coa teima de intentar descifrar e comprender as actitudes dalgunhas persoas daqueles tempos…
4 comentarios:
Pois eu creo que xao entendiches, cando dis: SEMPRE TRISTE. Moi mala cousa que alguén sexa incapaz de sentir ternuriña por unha meniña de cinco aniños....cheíña de ilusións.
Emocionante!!!!! Apertas para a nena da carteira de colorinchos.
Aquel sentir e facer, sons e cheiros, as caras, pertenzas, un lugar deixado, aquela porta, é o que peta na nosa cabeza; é onte e hoxe...
Os maiores "...e a nena cumprira cinco na primavera"
XA VERÁS
Leo e releo e tento localizar no arquivo da miña mente aquela neniña que mesmo semella que compartiu comigo aquel primeiro ano de escola...
(Teño pouco arte rozando silvas e codesos; pero sí aporto vontade e un bo fouciño para ir ver esa escola da mestra triste e da nena leda)
gustoume moitísimo esta entrada.
será porque fixeches que me sentira
-a nena aferrada á carteira.
-a nena que non entende as ladaíñas dos maiores
"españalimitaalnorteconelmar-
cantábrico/
ylosmontespirineos quelaseparandefran-cia"
-a nena que está perdida e ten medo daquela señora de cara amargada.
[ non sei se falamos algún día das mestras, da nosa primeira mestra; pero gustaríame facelo. máis que da mestra, das emocións que elan xeneraban en nós ]
unha aperta fonda para a nena que non sabía que ía atopar a través dos ocos dos cristais rotos da porta de entrada da escola -o luns desta semana-
Publicar un comentario