Aura, que rato mais bo acabo de pasar. Agora parei para tomar o café que me trouxeron da cafetería, descarguei as fotos e vinas nunha presentación a pantalla completa. Foi como dar un paseo contigo coa taza na man e que tí me foses dicindo:
- mira polos meus ollos
(A música non podo escoitala aquí no traballo, pero nalgún momento repetirei o paseo na casa, esta vez coa música de fondo)
Alégrame que che gustasen! (e non me vas dicir que me despachei a gusto con tantas imaxes?? Estábao esperando, jajaja!! É que me custa moito seleccionar, como todas son de abril...) Agora, que veña o benquerido e desexado maio, non si? Unha aperta pola mañá. Happy week-end!
6 comentarios:
Aura, que rato mais bo acabo de pasar.
Agora parei para tomar o café que me trouxeron da cafetería,
descarguei as fotos e vinas nunha presentación a pantalla completa. Foi como dar un paseo contigo coa taza na man e que tí me foses dicindo:
- mira polos meus ollos
(A música non podo escoitala aquí no traballo, pero nalgún momento repetirei o paseo na casa, esta vez coa música de fondo)
happy viernes!
Alégrame que che gustasen!
(e non me vas dicir que me despachei a gusto con tantas imaxes?? Estábao esperando, jajaja!! É que me custa moito seleccionar, como todas son de abril...)
Agora, que veña o benquerido e desexado maio, non si?
Unha aperta pola mañá.
Happy week-end!
Pois eu teño debilidade por esas carrouchiñas, encántame a súa cor e cando, inevitablemente a perdan volveranse cascabeles pequechiños!!
Espero as floriñas de maio !!
Aperta.
ah, pero non cho dixen? (pois penseino!)
:-)
- fas ben: non te conteñas!
E váisenos este abril, teloneiro dun maio que desbordará cores con fondo de verdes (e algún verderolo) matizados.
Lostregazos de bicos
Seica vos visitou a tronada tamén aos ulláns? Seguiremos desfrutando das cores de maio!
O, espero que chegusten as imaxes das carrouchiñas en movemnto; a que quedaron chulas?
Todos os anos, róubanme os sentidos os intensos verdes e as floriñas silvestres da incipiente primavera. A quen non?
Bicos dende o Deza.
Publicar un comentario