domingo, 28 de noviembre de 2010

Por San Andrés...


NEVA pra atenuar o MUNDO.
Uxío Novoneyra

8 comentarios:

Harmonía dijo...

A finais de outubro, Santiago Pemán "o home do tempo", explicaba a través das ondas da Radio Galega, as súas predicións para as próximas semanas do outono e tamén deixaba algún dito popular:
"Por Santos, neve nos altos" e "Por San Andrés, neve nos pés..."

Paz Zeltia dijo...

Ten algo de maxia a primeira nevada ¿non si?
reloce no branco algo da ilusión da infancia.
Esquezamos agora o frio que vai, o incómoda que é cando hai que vivir con ela permanentemente

Ainda que aquí na coruña non neva nunca,
este finde puden ver a neve porque andiven por Curtis e Sobrado. Había anos que non vía a neve. Agora fáltame ver nevar, ver como caen as folerpas. Xustamente agora en novembre fixo 5 anos que vin como nevaba, un corzo correr e alguén a quen eu quería írselle a vida.
Quería desligar esas cousas: as folerpas lenes e a vida que se esvae e a súa mirada lembra a dun corzo asustado.

neves dijo...

Bos reflexos "azulados" pola sombra no branco.
Será neve destes días!

Anónimo dijo...

As fotos da neve son fermosas, e vindo das túas mans máis agarimosas. Agora si o frio non hai quen llo torne...
Collendo: Santos e Andres:
" Dichoso mes que comeza con Santos e remata con San Andres" O.

Chousa da Alcandra dijo...

As fotos da neve son moi fermosas se non hai que facelas conducindo!.

(Que terán os "macarróns" que tanto che gustan?. )

Bicos quentiños

Harmonía dijo...

Os macarróns? Unhas notas de cor entre o branco resplandecente daquela soleada mañá de domingo.

anonimo.com dijo...

AAAAAAAAAAAH! Marabillosas cada unha das tomas.
Saludos con friaxe no entorno.

Carmen dijo...

Co medo que a min me da camiñar por entre a neve!Vou ter que facerme cun par de botas coma esas túas a ver se despois me animo,que seica este inverno vai ser ano de neves según os entendidos nas prediccións metereolóxicas.
Moi moi bonitas as fotos, que paciencia tes!
Bicos