domingo, 7 de noviembre de 2010

Cambios


Sábado 30 de outubro ás 18:30


Domingo 31 de outubro ás 18:30

Hai apenas unha semana, a esta hora, os reloxos marcaban unha hora máis. Desde agora ata mediados de febreiro, as mañás case non teñen día e as tardes semellan noites. Parece que sempre andamos "á noitiña".

Hai quen se queixa porque estes cambios horarios alteran os nosos ritmos vitais.

Hai quen descubre, neste tempo de cambios, unha solución para intentar arranxar algúns dos problemas que máis nos preocupan.

Tamén hai quen aproveita a ocasión para reflexionar sobre o paso do tempo...

E Harmonía, en á noitiña, recorda "Unhas tomas cheas de todo o misterio que esas horas agochan" (Neves).

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois xa que o cambio está consumado, haberá que sacar partido de andar sempre "á noitiña"; que algún lado positivo terá aínda que non nos fagamos vendedores de linternas.

Bicos na tarde-noite ullán

Xosé dijo...

Pois si que cambia o conto dun día para outro, si. As fotos son elocuentes.
A miña cabesiña non dá para entender como é posible que adiantando ou retrasando unha hora se aforren tantos cartos como nos din... Mentirannos tamén nesto?

Harmonía dijo...

Pois según nos contan aquí:
http://www.20minutos.es/noticia/859445/0/
parece que o aforro enerxético e tamén económico, resulta importante. Supoñemos, lóxicamente, que o cambio se apreciará máis na zona leste da península. No noroeste, tócanos desfrutar menos horas de luz e con menos euros de aforro. Os días corren axiña...

Paz Zeltia dijo...

Pois este ano sí parece que lle estás dedicando ao outono a atención que se merece
:D

[eu, neste dias tan pequenos, embranquezo]

Seguindo na liña das similitudes (sempre é moito máis agradábel ca buscar as diferencias)
déixoche eu
outro post
de "fotos á mesma hora"

[lembro aquel inicio da primavera como algo tan lonxano... algunha das ilusións que alumeaban os meus despertares tamén se foron escurecendo e minguando, coma os dias. bueh! as ilusións é o que teñen (adoitan ser vanas e sin fundamento)]

Aura dijo...

Aquel "outro post" xa o vira no seu momento; recordo que me parei neste artigo de xeito especial. Non era para menos!

talkischeap dijo...

Aura, Zeltia, eu tamén teño unha fermosa ligazón do outono que quero dedicarvos:

Niña, arranca las rosas, no esperes a mañana.
Córtalas a destajo, desaforadamente,
sin pararte a pensar si son malas o buenas.
Que no quede ni una. Púlele los rosales
que encuentres a tu paso y deja las espinas
para tus compañeras de colegio. Disfruta
de la luz y del oro mientras puedas y rinde
tu belleza a ese dios rechoncho y melancólico
que va por los jardines instilando veneno.
Goza labios y lengua, machácate de gusto
con quien se deje y no permitas que el otoño
te pille con la piel reseca y sin un hombre
(por lo menos) comiéndote las hechuras del alma.
Y que la negra muerte te quite lo bailado.


Luis Alberto de Cuenca

Paz Zeltia dijo...

mecagüenlaputa Talkischeap, xa me podías ter amosado este poema cando tiñas 15 anos, que entón decidín eu non pulirme os rosais, e así é como o outono me pillou coa pel reseca e sin un home (polo menos) que me coma as feituras da alma!

gustoume o poema eh!, incita a beber da vida, e deixarse de landainas