A finais de outubro, Santiago Pemán "o home do tempo", explicaba a través das ondas da Radio Galega, as súas predicións para as próximas semanas do outono e tamén deixaba algún dito popular: "Por Santos, neve nos altos" e "Por San Andrés, neve nos pés..."
Ten algo de maxia a primeira nevada ¿non si? reloce no branco algo da ilusión da infancia. Esquezamos agora o frio que vai, o incómoda que é cando hai que vivir con ela permanentemente
Ainda que aquí na coruña non neva nunca, este finde puden ver a neve porque andiven por Curtis e Sobrado. Había anos que non vía a neve. Agora fáltame ver nevar, ver como caen as folerpas. Xustamente agora en novembre fixo 5 anos que vin como nevaba, un corzo correr e alguén a quen eu quería írselle a vida. Quería desligar esas cousas: as folerpas lenes e a vida que se esvae e a súa mirada lembra a dun corzo asustado.
As fotos da neve son fermosas, e vindo das túas mans máis agarimosas. Agora si o frio non hai quen llo torne... Collendo: Santos e Andres: " Dichoso mes que comeza con Santos e remata con San Andres" O.
Co medo que a min me da camiñar por entre a neve!Vou ter que facerme cun par de botas coma esas túas a ver se despois me animo,que seica este inverno vai ser ano de neves según os entendidos nas prediccións metereolóxicas. Moi moi bonitas as fotos, que paciencia tes! Bicos
8 comentarios:
A finais de outubro, Santiago Pemán "o home do tempo", explicaba a través das ondas da Radio Galega, as súas predicións para as próximas semanas do outono e tamén deixaba algún dito popular:
"Por Santos, neve nos altos" e "Por San Andrés, neve nos pés..."
Ten algo de maxia a primeira nevada ¿non si?
reloce no branco algo da ilusión da infancia.
Esquezamos agora o frio que vai, o incómoda que é cando hai que vivir con ela permanentemente
Ainda que aquí na coruña non neva nunca,
este finde puden ver a neve porque andiven por Curtis e Sobrado. Había anos que non vía a neve. Agora fáltame ver nevar, ver como caen as folerpas. Xustamente agora en novembre fixo 5 anos que vin como nevaba, un corzo correr e alguén a quen eu quería írselle a vida.
Quería desligar esas cousas: as folerpas lenes e a vida que se esvae e a súa mirada lembra a dun corzo asustado.
Bos reflexos "azulados" pola sombra no branco.
Será neve destes días!
As fotos da neve son fermosas, e vindo das túas mans máis agarimosas. Agora si o frio non hai quen llo torne...
Collendo: Santos e Andres:
" Dichoso mes que comeza con Santos e remata con San Andres" O.
As fotos da neve son moi fermosas se non hai que facelas conducindo!.
(Que terán os "macarróns" que tanto che gustan?. )
Bicos quentiños
Os macarróns? Unhas notas de cor entre o branco resplandecente daquela soleada mañá de domingo.
AAAAAAAAAAAH! Marabillosas cada unha das tomas.
Saludos con friaxe no entorno.
Co medo que a min me da camiñar por entre a neve!Vou ter que facerme cun par de botas coma esas túas a ver se despois me animo,que seica este inverno vai ser ano de neves según os entendidos nas prediccións metereolóxicas.
Moi moi bonitas as fotos, que paciencia tes!
Bicos
Publicar un comentario