martes, 11 de mayo de 2010

Herbeiras



















Durante a miña camiñata de hoxe pola tarde, reparei nestas herbeiras a carón do Río Pontiñas (Lalín). Aínda que non lucía o sol, o verde intenso cautivoume. Estas son as imaxes que me apetece ofrecerche hoxe. De paso, recordamos este fermoso vídeo de Falabarato


6 comentarios:

Xosé dijo...

Ía mirando as fotos e pensaba canto me lembraban as miñas herbeiras; seguín baixando e atopei unha dedicatoria que me me chega no momento máis oportuno.
Voume poñer literario e dedicarche un cariñosísimo e agradecidísimo "Beizón", ao máis puro estilo de Manolo Bragado, o de Brétemas.

neves dijo...

Tantas ventaíñas radiantes que nun subconsciente...
E moi agarimosa voz nesta gravación/lembranza.-

Xosé dijo...

Neves, non sabes ti ben o que me removen eses prados...

Anónimo dijo...

Ver estas herbeiras, devolvéronme a nenez, e foi entrar nese espazo dos recordos nos que só algunha bágoa che lembra que foron tempos. Tempos, nos que ir o agro do río era unha tortura e rastrillar a herba, o conto de nunca acabar. Pasaron moitísimos anos ata que o verán pasado xuntei valor e regresei; atopar a pontella costoume non poucas toxadas, o río andaba mal...pero cando por fin encontrei o que máis desexaba ver o "meu Muíño" a alma caeume os pés, igualiño co seu tellado e a súa porta. Collínlle unha pedriña, que gardo como ouro en pano.
É aínda me pregunto...que pensaría eu atopar???
BICOS. O

neves dijo...

Pensade na tarefa cumprida e na calma que aporta; noutros casos aínda está pendente...
Que quedará? Só o SENTIR!

Chousa da Alcandra dijo...

É ben curioso. Que as mesmas cousas nos tiren polo ollo.
Esas follas coloradas e tamén esa construcción invadida pola vexetación...

Bicos