Durante a miña camiñata de hoxe pola tarde, reparei nestas
herbeiras a carón do
Río Pontiñas (Lalín). Aínda que non lucía o sol, o verde intenso cautivoume. Estas son as imaxes que me apetece ofrecerche hoxe. De paso, recordamos este fermoso vídeo de
Falabarato
6 comentarios:
Ía mirando as fotos e pensaba canto me lembraban as miñas herbeiras; seguín baixando e atopei unha dedicatoria que me me chega no momento máis oportuno.
Voume poñer literario e dedicarche un cariñosísimo e agradecidísimo "Beizón", ao máis puro estilo de Manolo Bragado, o de Brétemas.
Tantas ventaíñas radiantes que nun subconsciente...
E moi agarimosa voz nesta gravación/lembranza.-
Neves, non sabes ti ben o que me removen eses prados...
Ver estas herbeiras, devolvéronme a nenez, e foi entrar nese espazo dos recordos nos que só algunha bágoa che lembra que foron tempos. Tempos, nos que ir o agro do río era unha tortura e rastrillar a herba, o conto de nunca acabar. Pasaron moitísimos anos ata que o verán pasado xuntei valor e regresei; atopar a pontella costoume non poucas toxadas, o río andaba mal...pero cando por fin encontrei o que máis desexaba ver o "meu Muíño" a alma caeume os pés, igualiño co seu tellado e a súa porta. Collínlle unha pedriña, que gardo como ouro en pano.
É aínda me pregunto...que pensaría eu atopar???
BICOS. O
Pensade na tarefa cumprida e na calma que aporta; noutros casos aínda está pendente...
Que quedará? Só o SENTIR!
É ben curioso. Que as mesmas cousas nos tiren polo ollo.
Esas follas coloradas e tamén esa construcción invadida pola vexetación...
Bicos
Publicar un comentario