sábado, 8 de mayo de 2010

As ortigas

5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Decíase que se as collías aguantando sen respirar non se producía reacción na pel.
Xa podía ser efectivo ese remedio cando chama por teléfono o capataz da canteira...

Bicos

Anónimo dijo...

Canto me levo picado eu con
esas condenadas, razón que me
levaba a tomar a cachondeo o
dito de "eso curao unha frega de ortigas" ...pois non estaban
tan desencamiñados....
Nas fotos faltan as abelliñas!!!!
Bicos.O

Xosé dijo...

Unha pregunta en serio:
Que tal resultado darán as receitas con ortigas para facer na thermomix?
(http://www.petitchef.es/recetas/sopa-de-ortigas-anisada-thermomix-fid-197944)
Alguén probou?

Ara dijo...

E a primeira vez que comento aquí. Entrei neste blogue por chiripa, gracias ó señor Falabarato, un dos meus favoritos. Entrei e engancheime, porque xa estaba chea de tanta falsa modestia e de tanto rollo-blog-cultureta... Neste recunchiño atopei algo tan sinxelo e tan auténtico como a fariña do país.
Moitas grazas por darnos estas miguiñas de ledicia, Harmonía.

Harmonía dijo...

Cantas veces contiven a respiración para ir pillar as cereixas dunha cerdeira que estaba un pouco apartada e rodeada de ortigas!
Se fas click na última foto e lle aplicas o zoom, na parte superior esquerda, podes ver unha abelliña libando tranquilamente o néctar das floriñas. Hai que fixarse moito porque está agochadiña, foi máis áxil ca min e escapóuseme...
Haberá que probar a facer a sopa de ortigas. Dáme a min que vai saber un chisco amarga, non si? Ata o momento só me atrevín a utilizar as ortigas para algúns remedios.
Benvida, Ara, a esta casiña virtual. As cousiñas que aquí vou deixando, sinxelas son; ás veces, coido que de máis. Que ben que che agraden!
Se che gusta a autenticidade, Falabarato é un bo referente, sempre!
Grazas polas túas palabras e volve cando queiras.