Un día na froitería:
- Que froitos son eses?
- Son “bayas de goji”, unha especie de uvas pasas.
- Son “bayas de goji”, unha especie de uvas pasas.
- E que tal saben?
- Toma, proba. Ao principio teñen un sabor extraño…
- Uhm… extraño, si. Máis ben doce, non?
- Pero teñen moitas propiedades: son boas para o colesterol, para a circulación, para a artrite, para o intestino, para a memoria, como anti-envellecemento………
- …!?? (Non estará esaxerando un pouco, con tal de vender…).

En canto cheguei á casa e tiven un momento, consultei ao google acerca do milagroso froito, para min descoñecido ata o momento:
A pasada semana, escoitei nun programa de televisión que nalgúns establecementos nos que venden chucherías e lambetadas varias, estaban introducindo os froitos do Goji. “Como teñen esa cor vermella tan intensa, chaman a atención e os rapaces anímanse a probalas”,- afirmaban.
A ver se é verdade que consiguen cambiar o hábito dos máis cativos de consumiren azúcares e colorantes e no seu canto empezan a tomar alimentos que lles aporten unha boa dose de oligoelementos, aminoácidos e demais nutrientes.
A coidarse!

4 comentarios:
E non serán boas (malas!!) para esta tos que non me deixa a miña gorxiña dende fai cinco días????. Se son efectivas, tanto vou por elas ó Deza coma ó Tíbet!!!
Chamádeme burro, pero nunca oíra falar dos "gojis" ata que me iluminou Aura. E dígovos que non saben mal, que a min xa mos dou a probar.
Chamámoste larpeiro
e enchufado.
Sorte que teñen algúns,
non si Aura?
Mirarei de atopar tan preciado
" elixir "
Grazas. O
Pois pode que unha infusión a base de "gojis", cunha culleradiña de mel e unhas gotas de limón, sexa efectiva para a tos; por que non?
En canto ao sabor, a min non me pareceu exquisito, nun principio; pero haberá que seguir informándose e se realmente teñen tantas propiedades favorables para a saúde, continuaremos degustando estes froitos tibetanos.
Publicar un comentario