miércoles, 21 de abril de 2010

Do mar


De Camelle os baixos son
mui garridos ó mirar,


nun día craro de inverno
cando o vento en calma está:


o pescador dende lonxe,
con doce e secreto afán
de bruzos sobre da proa
os está vendo branquear.

Eduardo Pondal


-Abride esa xanela que quero ollar o mar.

Seica foron as derradeiras palabras de Rosalía de Castro.


Meus ollos van por lo mare,
mirando van Portugale

Cación popular anónima do século XV ou XVI.

Dulce Pontes – Cançao do mar

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Un día dixéronme que Antas non podía ser o paraíso (esa afirmación fixéraa eu na conversa), xa que non tiña mar. Como que non? -respostei-; e logo dende A Guarda a Ribadeo non é mar salgado?.
Tan de Antas, do Carballiño, de Sober ou da Fonsagrada son os dous mares galegos; ou non?

(Que terá o mar, que tanto nos atrae?)

neves dijo...

"Azul" que te quero "AZUL",
... ... ...

Anónimo dijo...

A luz sem par
do teu olhar tao lindo....
Que fermoso, Aura!!!! . O