sábado, 27 de marzo de 2010

Soños


Tan perto o canto cando che eu miro!
Como si chegara a nembrar pro que eu nacera.
Xuventú!
Indainda, Xuventú.

Uxío Novoneyra. Muller pra lonxe.


5 comentarios:

Xosé dijo...

Auriña, aproveitei o teu artigo para botarlle un ollo ao libro "Elegías del Caurel y otros poemas" (Adonais, 1966), no que aparece o poema que nos achegas, e fíxome boa gracia ler na contraportada que "la vida de Uxío Novoneyra, metido en una sierra remota toda la primera juventud, hace la temática de su poesía distinta a la de tantos poetas actuales [...]".
Iso si que é unha valoración seria da obra de Novoneyra, non si?

Chousa da Alcandra dijo...

A recurrencia que amosas cara a auga faime pensar claramente que, de seguro, un día foches troita.
Ou seguirás sendo?

Sigamos lendo a don Uxío, que chove (auga) e presta sentarse no sillón.
Bicos

Harmonía dijo...

"metido en una sierra remota", interesante e particular valoración, en castelán, si... Estamos a falar do ano 1966, non podiamos esperar moito máis. Daquela estabamos empezando a camiñar (en todos os sensos da palabra, non siii? É certo que vivir no Courel, marcou a súa vida e a súa obra:
"Desde
que, allá por 1952, decidió
escribir únicamente en
gallego, el poeta de Caurel
se identificó con los riscos
y fragas lucenses en un
abrazo panteísta a su
terruño, que será a partir
de entonces su fuente de
inspiración.[...]" http://www.portalfarma.com/pfarma/taxonomia/general/gp000012.nsf/voDocumentos/42A441CDE47F0DEDC1256C1500471BDC/$File/mosaico.pdf
Nesta páxina,tamén en castelán, aparece unha valoración diferente.

O da recurrencia a auga será porque estamos rodeados de ríos, cada día con menos troitas, creo. Gústame auga. E o próximo post, máis do mesmo; non é a posta, estaba xa pensado e saíra en breve.
Teremos boa tarde para a lectura, mentres pola ventá observamos a choiva primaveral, que cae miudiña, apacible.

Apertas virtuais.

Harmonía dijo...

"sairá" (en vez de saíra). Aura anda un chisco despistada, será por tanta chuvia...

Anónimo dijo...

Falando de TROITAS:
http://www.rios-galegos.com/pe1.htm

Saúdos