lunes, 29 de marzo de 2010

Zobra IV


“Xunto coa serra do Candán foron os montes que nos viron nacer. Escoitaba na casa que era un lugar ermo. Cando subín, pareceume algo exclusivo, e quedaron recantos... que namoran.-“ Neves (Harmonía-Zobra, 17-04-09).








Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e non di nada
e volta o cuco a cantar.

Uxío Novoneyra. Os Eidos.


5 comentarios:

Harmonía dijo...

Imaxes tomadas en Zobra na primavera de 2008. Ésta é a última remesa daquela excursión. Haberá que volver. É de xustiza sacar á luz e dar a coñecer un pouco máis da beleza das paixases daquelas terras descoñecidas. Do mesmo xeito que nalgún momento se fixo referencia ao poeta do Courel: "metido en una sierra remota", como ben nos lembraches, Xosé, na entrada anterior.

Chousa da Alcandra dijo...

Pois que saian á luz con toda a súa forza e vitalidade.
Case podo percibir o arrecendo dses valos cubertos de musgo.

(É certo que hai menos troitas -e moitos cañistas-; pero siguen sabendo ben, fritidas con unto e cun torresmiño no medio...)

Bicos dende o berce do Ulla

neves dijo...

Un bico!
Relacionando co ano pasado...cada unha destas tan boas tomas configura un pequeno gran paraíso.

Anónimo dijo...

Seguro que nas augas dese río, que se ven tan limpiñas ainda bailan troitas, tan fermosas elas.
E os cucos -un dos meus mellores simbolos primaverales-
e que me presta tanto oir "cantar", fan das suas sin se privar.
O lugar debe ser un paraíso
terrenal, por sorte para nos.
Bicos. O

Anónimo dijo...

Os cucos, menudos paxaros eles! Poñen os ovos nos niños dos demais.
Pero dá tanto gusto escoitalos!
Cucos, ruliñas, troitas... estás segura de que aínda existen eses lugares?
Grazas polas imaxes de auténtica primavera.