Que fotos tan xeitosas! Gústame moito esa última na que contrasta o branco e negro con ese bermello do xersei do rapaz. Aínda vai resultar que es unha artista e todo!! (Ti, que estás tan alonxada de vanidades e veleidades "artísticas"; ti, que sempre dis que non sabes facer fotos; ti...)
Claro que é unha artista a nosa Aura! E digo máis: hai tempo que empecei a deixar de visitar certas webs de presuntos/as artistas que teñen un ego que non hai quen o ature, por moito que o disfracen de falsa humildade. Aura, en cambio, é auténtica.
Bueno, bueno, sodes moi xenerosos cos comentarios. Claro que non son unha artista, nin pretendo tal! Eu só recollo as imaxes que me gustan e algunhas delas compártoas neste espazo con vós. Ás veces boto man do amigo Picasa e experimento un pouco; neste caso, no centro da ágora, levantábase maxestuosa unha árbore seguramente centenaria e gustoume a escena. Pero quixen destacar aos dous rapaces, por unha vez que os pillo desprevidos!
Fermoso castelo, cos seus dominios, o río, as murallas, a capela... Este "efecto color" lémbranme unhas fotos nas que tamén o usaches, ás que chamas: -Esquecemento- fotos impactantes e inesquecibles.
Seguro que non pretendes ser unha artista, pero...
Quitar cor onde a hai suscita moito interese. Curiosamente o contrario tamén... Debemos ser moito máis complicados do que imaxinamos!. Eu, como complicado que son, gustoume a galería que escolleches esta vez.
7 comentarios:
Que fotos tan xeitosas! Gústame moito esa última na que contrasta o branco e negro con ese bermello do xersei do rapaz. Aínda vai resultar que es unha artista e todo!! (Ti, que estás tan alonxada de vanidades e veleidades "artísticas"; ti, que sempre dis que non sabes facer fotos; ti...)
Claro que é unha artista a nosa Aura! E digo máis: hai tempo que empecei a deixar de visitar certas webs de presuntos/as artistas que teñen un ego que non hai quen o ature, por moito que o disfracen de falsa humildade. Aura, en cambio, é auténtica.
Luísa, estou dacordo contigo. De todas formas, mellor que deixemos de piropear tanto a Auriña, non vaia ser que se nos volva divina-de-la-muerte ;)
Bos efectos nas tarxetas postais desta túa ruta, dotadas xa de historia.
Bueno, bueno, sodes moi xenerosos cos comentarios. Claro que non son unha artista, nin pretendo tal! Eu só recollo as imaxes que me gustan e algunhas delas compártoas neste espazo con vós. Ás veces boto man do amigo Picasa e experimento un pouco; neste caso, no centro da ágora, levantábase maxestuosa unha árbore seguramente centenaria e gustoume a escena. Pero quixen destacar aos dous rapaces, por unha vez que os pillo desprevidos!
Tes razón, Neves, un ano de historia xa.
Fermoso castelo, cos seus dominios,
o río, as murallas, a capela...
Este "efecto color" lémbranme unhas fotos nas que tamén o usaches, ás que chamas:
-Esquecemento-
fotos impactantes e inesquecibles.
Seguro que non pretendes ser unha artista, pero...
Saúdos.O
Quitar cor onde a hai suscita moito interese. Curiosamente o contrario tamén...
Debemos ser moito máis complicados do que imaxinamos!.
Eu, como complicado que son, gustoume a galería que escolleches esta vez.
Publicar un comentario