Hai uns días, un compañeiro, comentoume que andaba con reformas na casa. Como consecuencia das obras, vese obrigado a soportar un ruído moi molesto durante varias horas ao día. “Mesmo parece que vai romper o edificio en cachos”, dicía. Ás veces, é necesario facer cambios: tirar tabiques, crear novos espazos, abrir outras portas e ventás… Inda que durante un tempo haxa que sufrir o desagradable eco dos golpes da maza ou do martelo ademais do espantoso son da rebarbadora, sempre albergas a esperanza dunha recompensa, dun cambio positivo que che reportará algún beneficio. E así será.
Pensando nesta conversa, recordei unha película que vin hai cousa dun ano e que repetín a pasada fin de semana, esta vez en versión española. Trátase do filme titulado My Blueberry Nights, dirixido polo xenial cineasta oriental Wong Kar-Wai. Gustoume a primeira vez e encantoume a segunda. Unhas pinceladas sobre a estética: a perfección dos planos cortos, a beleza e a sensualidade da luz, a sutileza dos sons, a delicadeza da música, o ritmo lento, os efectos tecnicamente ben logrados, os diálogos sempre oportunos coidando cada palabra e cada xesto, a importancia dos silencios… Sinopse: a protagonista é unha xoven que comenza unha viaxe espiritual para intentar recompoñer a súa vida. Non vou comentar máis. Déixocha como proposta, por se che interesa, para os próximos días de Semana Santa.
4 comentarios:
Observo que descubres con moito atino e bo gusto a paleta de cores.
Con respecto ás obras na casa...ufff, din que cando unha persoa vai falando soa pola rúa; unha de dúas: ou está tola, ou ten albañiles na casa!
Bicos en anacos
Eu estou pasando agora mesmo polo trance de ter obras na casa e hai días -hoxe é un deles- nos que prefiro marchar para o traballo antes da hora a ter que padecer o ruído das rebarbadoras.
Que harmonía de cores máis xeníal,
fixeches con esa desfeita.
Quedáronche de exposición,
parabens.O
Wong Kar-Wai, chamado o poeta da imaxe.
Moitas grazas pola suxerencia que nos traes para unha incursión no cine oriental,unha aposta sempre interesante. Verémola nas vacacións,sin duda.
Saúdos.E bo descanso!
Publicar un comentario