O pasado sábado tivemos unha tarde xeitosa de outono. Aproveitei para dar un paseo polo lugar de Souto (preto de Lalín) e desfrutar das paisaxes: prados, hortas e moitas árbores. Como o seu nome indica, por aquelas terras abundan os soutos de castiñeiros.
Déixovos algunhas das imaxes que trouxen da miña andaina e tamén uns Contiños de Cousascativas.
Déixovos algunhas das imaxes que trouxen da miña andaina e tamén uns Contiños de Cousascativas.
Gústame...
E ti de quen es?
Seica este ano non hai moitas castañas:
As castañas queren en agosto arder e en setembro beber. E este ano, foi ao revés: choveulles no verán e veulles a calor despois. Non lle hai que facer. Apañaremos as que caian, outro ano serán mellores...
Mentres o home facía este comentario, seguía angazando a folla para poder recolller as poucas castañas que fosen caendo. Resignación e sabedoría, diría eu.
4 comentarios:
Unha tarde Grandiosa e Gozosa de outono...castañas e mazas asadas na lareira,contiños e mais moito mais.
Gustoume ,O.
Luminoso sábado e fenomenal domingo: un longo paseo.
Saen moi bos cadros dos nosos ourizos, os nosos valados, as nosas landras e amoras, os nosos sendeiros e as nosas hedras.
É reiterado o queixarse de que hai poucas castañas, pero ó final do outono...sempre acabamos medio cebadiños de tanto magosto!. E da gusto!
Fotos bonitas e acolledoras. Nótase que andabas perto de Antas!
Iso é o que vexo, cando vou camiñando, si: auténticos cadros! Hai veces nas que quixera atrapalos todos, depende moito da luz que haxa nese momento; supoño que tamén inflúe o estado de ánimo. Hai días nos que ves beleza en todos os recunchos. Esta foi, sen dúbida, unha FERMOSA tarde.
Magosto e mazás asadas... Apúntome!
Saúdos
Publicar un comentario