O artista debe aspirar á perfección en todo o que fai.
Eugène Delacroix
O home todo o perfecciona en torno seu; o que non fai é perfeccionarse a si mesmo.
Jean Baptiste Alphonse Karr
A educación é a manifestación da perfección no home.
Swami Vivekananda
Nas tardes-noites de outono, unha vez rematados os labores do campo e antes de cear, as xentes reuníanse nos cubertos ou alpendres para esfollar o millo: separar a espiga da cana. Mentres, os máis cativos, entretíanse xogando: o que atopaba o rei, a mazaroca de cor marrón avermellado, era o gañador; pois era considerada a espiga perfecta. Eu, prefería descubrir a raíña: tiña algúns grans con pintas de cor vermello. Quizais a mazaroca raíña fose un premio de segunda categoría por non ser tan perfecta, pero a min facíame moita gracia. Cousas de rapaces... Sería este o xerme da rebeldía contra os criterios establecidos polos adultos?
A perfección dos costumes consiste en vivir cada día como se fose o derradeiro.
Marco Aurelio
A clave da perfección é o amor.
Pío de Pietrelcina
9 comentarios:
Atopar unha "reina" no medio de tanta plebe era unha ledicia.
A min non me gustaba esfollar; pero admiro os hórreos. Do mesmo xeito que non sei artellar poemas, pero admiro ós poetas...
Un bico no día do teu santo (tiven que atinar!!!)
Certo! Hoxe é o día de todos os santos.
Estará o hórreo medio cheo ou medio baleiro?
Unhas estupendas fotos como de costumbre.
Tamén hai xente que coa desculpa e obsesión de obter a perfección en todo o que fan, terminan sendo insoportables. Habelas hainas eh!
Saúdos
La perfección es muerte; la imperfección es el arte.
Manuel Vicent
Un saúdo
Carallo co Vicent,si que vos era esixente!!!!!!!!!!
Todos somos perfectos,senón como haberíamos ser únicos....?O.
Ou seremos todos imperfectos?????
Isa, ti pos cariño e paciencia nas cousas que fas,así tamén se busca a perfección. Non é certo?
A MAN QUE MENOS TRABALLA TEN O TACTO MAIS SUAVE.
que pena que para algún eso sexa perfecto.
Todos somos perfectos ó nacer, en certo modo. Según as dosis de educación que recibimos(crenzas relixiosas, convencionlismos, costumes equivocados dos nosos predecesores, actitudes negativas como o odio ou a ira...) ímonos apartando do camiño que marca a natureza e por tanto, da perfección. Paradóxicamente pásamos a vida des-perfeccionándonos e ó mesmo tempo buscando a perfección.
Unha aperta.
Se cadra a perfección total non existe pero podemos intentar alcanzala. Eu, non me vou esmerar moito, non vaia ser que teña razón M. Vicent...
Saúdos.
Publicar un comentario