sábado, 24 de octubre de 2009

Castañas




Alá do outro lado do río,
ten meu pai un castiñeiro
que dá castañas en agosto
e fabas brancas en xaneiro…

Dito popular


“As castañas queren en agosto arder e en setembro beber.”

“Auga de agosto, nin bo viño nin bo magosto.”

“Castañas, noces e viño fan as delicias polo San Martiño.”

Refráns



Oda a una castaña en el suelo

Del follaje erizado
caíste completa,
de madera pulida,
de lúcida caoba,
lista
como un violín que acaba
de nacer en la altura,
y cae
ofreciendo sus dones encerrados,
su escondida dulzura,
terminada en secreto
entre pájaros y hojas,
escuela de la forma,
linaje de la leña y de la harina,
instrumento ovalado
que guarda en su estructura
delicia intacta y rosa comestible.
En lo alto abandonaste
el erizado erizo
que entreabrió sus espinas
en la luz del castaño,
por esa partidura
viste el mundo,
pájaros
lenos de sílabas,
rocío
con estrellas,
y abajo
cabezas de muchachos
y muchachas,
hierbas que tiemblan sin reposo,
humo que sube y sube.
Te decidiste,
castaña,
y saltaste a la tierra,
bruñida y preparada,
endurecida y suave
como un pequeño seno
de las islas de América.
Caíste
golpeando
el suelo
pero
nada pasó,
la hierba
siguió temblando, el viejo
castaño susurró como las bocas
de toda una arboleda,
cayó una hoja del otoño rojo,
firme siguieron trabajando
las horas en la tierra.
Porque eres
sólo
una semilla,
castaño, otoño, tierra,
agua, altura, silencio
prepararon el germen,
la harinosa espesura,
los párpados maternos
que abrirán, enterrados,
de nuevo hacia la altura
la magnitud sencilla
de un follaje
la oscura trama húmeda
de unas nuevas raíces,
las antiguas y nuevas dimensiones
de otro castaño en la tierra.

Pablo­ Neruda

4 comentarios:

neves dijo...

Adiante novembro,co froito outonizo básico.
Perfectas nesa imaxe "de cera" e ben traballada a do efecto.

Comemos tantas e tan boas aí, aínda que agora xa non presten igual.

Moi bo Neruda!!

Chousa da Alcandra dijo...

Os porcos comendo landras e nós castañas...ímonos cebar todos!!!
(pero están tan boas que...a ver quen carallo atura sin meterlles man. Digooooo boca!)

Alex Ghalpon dijo...

Cebar, cebaremos, pero que contentos andaremos! Eu tamén ando estes días coas castañas, soutando na terra e soutando no blog, como lle chamamos por aquí a apañar castañas.

Que ricas cousas nos trae o outono: mazás, castañas, abelás, noces... Xa temos que ir preparando as receitas.

Moi bo o dossier que fixeches para amosar as castañas!

Bicos

Harmonía dijo...

É certo que as castañas xa non prestan igual; será cousa de dosificalas: pouquiñas e de cando en vez, acompañadas dun grolo de viño. Son tan saborosas!
Recollo esta expresión: soutar. Gústame. Aquí apañamos as castañas (coma as patacas). Eu, este ano, non "soutei"; trouxéronmas xa no cesto e fotografeinas. Saíron bonitas.

Grazas, Ghalpon, por chamarlle dossier a este post. Como diría un compañeiro do Colmeiro (tamén teu): "poñer en valor"; resaltas e aprecias, esaxerando, as cualidades deste traballo, denominándoo de tal xeito.

Agora mesmo, estou percibindo un arrecendo dende a cociña...
Apertas con olor a castañas asadas.
Desfrutade do outono!