O mes de novembro, despediunos cunha boa nevarada. As terras do Deza quedaron tapizadas de branco durante tres días. Déixovos unhas imaxes que tomei, á tardiña, no precioso pobo de Albarellos, camiño de Rodeiro.
Dinamismo? Non é mérito meu. Iso é debido ao clima que temos na nosa Galicia, á variedade da paisaxe..., e ao tempo tan cambiante! Cada día, sempre é distinto. Unha riqueza!Tan só hai que estar atentos para atrapar os lugares e os momentos. Non sempre é posible; moitas veces, é casualidade. Bicos.
Que cruceiro tan orixinal! Vese que é recente pois non segue a tipoloxía tradicional. Un Cristo sen cruz é certamente sorprendente. Mesmo parece que estivese facendo algún exercicio ximnástico. A neve sempre lle dá un aspecto atractivo ás paisaxes, porque as iguala nas cores e nas texturas e reborda de silencio ata o horizonte. Unha aperta para todos.
3 comentarios:
OH-OH-OH,oooohhhh!
Unha delicia, e que gran contraste coas anteriores: branco e gris ou verde luz.
Hai moito dinamismo nesta túa ventá. Adiante!!
Dinamismo? Non é mérito meu. Iso é debido ao clima que temos na nosa Galicia, á variedade da paisaxe..., e ao tempo tan cambiante! Cada día, sempre é distinto. Unha riqueza!Tan só hai que estar atentos para atrapar os lugares e os momentos. Non sempre é posible; moitas veces, é casualidade.
Bicos.
Que cruceiro tan orixinal! Vese que é recente pois non segue a tipoloxía tradicional. Un Cristo sen cruz é certamente sorprendente. Mesmo parece que estivese facendo algún exercicio ximnástico.
A neve sempre lle dá un aspecto atractivo ás paisaxes, porque as iguala nas cores e nas texturas e reborda de silencio ata o horizonte.
Unha aperta para todos.
Publicar un comentario