sábado, 6 de diciembre de 2008

Nevarada

O mes de novembro, despediunos cunha boa nevarada. As terras do Deza quedaron tapizadas de branco durante tres días. Déixovos unhas imaxes que tomei, á tardiña, no precioso pobo de Albarellos, camiño de Rodeiro.

3 comentarios:

neves dijo...

OH-OH-OH,oooohhhh!
Unha delicia, e que gran contraste coas anteriores: branco e gris ou verde luz.
Hai moito dinamismo nesta túa ventá. Adiante!!

Harmonía dijo...

Dinamismo? Non é mérito meu. Iso é debido ao clima que temos na nosa Galicia, á variedade da paisaxe..., e ao tempo tan cambiante! Cada día, sempre é distinto. Unha riqueza!Tan só hai que estar atentos para atrapar os lugares e os momentos. Non sempre é posible; moitas veces, é casualidade.
Bicos.

busto.agolada dijo...

Que cruceiro tan orixinal! Vese que é recente pois non segue a tipoloxía tradicional. Un Cristo sen cruz é certamente sorprendente. Mesmo parece que estivese facendo algún exercicio ximnástico.
A neve sempre lle dá un aspecto atractivo ás paisaxes, porque as iguala nas cores e nas texturas e reborda de silencio ata o horizonte.
Unha aperta para todos.