lunes, 22 de diciembre de 2008

Inverno


Inverno. Vivaldi. Violín.


Alegría. Tristeza. Nostalxia.


Natureza. Harmonía.


Descanso. Serenidade. Paz.

Hai tempo, un día pola mañá, mentras ía conducindo camiño do meu centro de traballo, escoitaba a radio. Non recordo o programa nin o nome do locutor ou da persoa entrevistada. Quedeime con esta parte do diálogo:

-E dígame vostede, que podemos facer cando nos erguemos pola mañá e vemos que nos enfrentamos a un día con chuvia, vento, frío…, un día desapacible de inverno?
-Pois mire, eu penso que o mellor que podemos facer para pasar o inverno é intentar desfrutalo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Facer o propósito de desfrutar do inverno é boa idea pero hai días deses desapacibles que é realmente difícil poñer a mal tempo boa cara.
As fotos son de auténtico inverno. O que pasa é que eu non comprendo algunha das palabras que lle escribes debaixo, por exemplo a da alegría, ¿onde está?
Boas vacacións.

Anónimo dijo...

Cada un ve o que quere ver nas imaxes. Sobre o fondo gris-violáceo e triste, destacan eses liques verdosos e aportan unha nota de alegría (foi o que eu pensei). Aquela folliña seca e solitaria: a nostalxia. Tamén depende un pouco do momento, non sempre ves o mesmo en cada imaxe.
Unha aperta, Bea.

Anónimo dijo...

Imágenes de auténtico invierno. Relacionar las ramas sin hojas con las cuerdas y los acordes de violín, un gran acierto. Ver la alegría en los líquenes verdes, también. Observando esas gruesas ramas de la última imagen, nos sumergen en el descanso y en la tanquilidad. La capa de nieve, deseo y reflejo de paz. Me gusta este post de invierno.
Saludos.

Anónimo dijo...

Me olvidaba: me encantó el vídeo de la gaviota.