Cando chega o frío de verdade, e este ano xa chegou, nada mellor que as prendas de la para abrigarnos; son tan amorosiñas! É unha das cousas que máis me gusta cando se acerca o inverno: vestir os xerseis, chaquetas e bufandas de la. Hai tempo, eu mesma tecía os meus xerseis. Como sempre quedaban restos de fío, decidín facer unha manta coa la sobrante; un xeito de reciclar. Unha vez rematada, non lle vía moita utilidade e gardeina. Logo, unha persoa tivo que permanecer unha boa tempada sentada todo o día por motivos de saúde e, esta mantiña fíxolle de abrigo nas pernas; as súas vivas cores, tamén lle alegraban a vista. Cando xa non foi necesaria, voltou ao armario. Un bo día, leveina para o sofá da sala. Todo un éxito! De quen é? Pois, do primeiro que a pilla... Bueno, ás veces, tamén é compartida. Nestas longas e frías tardes de outono-inverno, resulta moi acolledor abrigarse con esta mantiña, mentras desfrutas dunha peli. Déixovos aquí unhas curtas referencias dalgunha das últimas que puiden ver:
La selva esmeralda Reflicte dúas formas de vida: a da selva e a da cidade. O enfrentamento entre unha comunidade aparentemente menos evolucionada e a civilización moderna.
La boda de Tuya Unha historia moi humana, tenra e sensible. Emocionante. Onde o amor é todo: o amor á terra e o amor entre as persoas.
La boda de Tuya Unha historia moi humana, tenra e sensible. Emocionante. Onde o amor é todo: o amor á terra e o amor entre as persoas.
Paris, je t'aime Unha viaxe diferente. Unha serie de historias que se desenvolven en distintos barrios da cidade de París. Alegrías, encontros inesperados e o amor que está por todas partes. Unha viaxe centrada non só nos lugares, senón nas persoas. Uns protagonistas que se relacionan, que se comunican. E, sobre todo, que viven intensamente cada lugar e cada momento.
Unha cestiña con ovillos de la e un par de agullas, esperando que unha nova prenda sexa comezada, con mimo e paciencia. Quizais para abrigar no próximo inverno. O suave tacto da la e tamén a suavidade desta voz...
7 comentarios:
Tempo frío e calor interior. Cores en HARMONÍA.
Recordo algunha bufanda túa (se viras as miñas chapuzas!)
É agarimoso lerte, recordando algunha silla vacía...
El calor de las lanas y ¡qué colores! Me gusta.
Como se agradecen estas cores que nos traes entre tanto gris! E tamén gracias polas propostas de cine para estes días descanso.
Saúdos. María.
¡Que bonitas fotos! ¿E que pensas facer con esa cesta de las? A min non viña nada mal unha manta como a túa...
Bea, ao mellor as cores destas las non combinan co teu sofá... É preferible que lles escribas unha cartiña aos Magos de Oriente, están a chegar.
Saúdos a todos.
Ben seguro que moita xente sinte ese gustiño polo tacto, o agarimo das prendas abrigosiñas e delicadas cando vai frio.
Pero mira que ter nós as dúas a gana de expresalo! e de xeitos moi parecidos!
Ata utilizamos o mesmo recurso de colorear palabras no texto. (iso indica que moi orixinais non somos) :P
Ker a lembranza de alguén que fixo a bufanda vermella emociona, pero non entristece, está dito con serenidade.
por certo, teño que aprender de tí ese xeito tan educado e cortés de dicir "non" jaja, falo pola "manta de Bea"
Zeltia, que ben "desmenuzas" e interpretas os textos de Harmonía!!!
Grazas.
Publicar un comentario