sábado, 20 de agosto de 2011

Capricho I













Como aperitivo:
Pementos de Padrón recheos de xamón e queixo feta.
Riquísssimosss!
….
Para escoitar, tres opcións:
Maria CALLAS - Puccini: La Boheme
Charlie Parker – Summertime
Fía na Roca - Indo Eu


5 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Que pimentos máis verrrdessss!
(Serán pementos de Padrón, pero na tixola fritíndose semellan ratos do Deza jajaja).

Bicos (fiando na roca)

Xosé dijo...

De que me soará a min esa receitiña, Aura? :)))

O dijo...

Carai Isa, seguirei todos os teus pasiños... xa se botaban en falta esas delicatessen, tan túas !!!
Bico.
[umm, Charlie Parker, ese sóame a min :)]

Paz Zeltia dijo...

unha pintaza.
[pregúntome que opinarás tí da tortilla de patacas, mentres escoito summertime, peza coa que sempre me entra unha nostalxia estraña]

Harmonía dijo...

Os pementos de Padrón, que eu saiba, sempre son verdesss, señor Chousa. Esquecín cortarlles o rabo e..., vaia comparanza lle atopaches! Razón non che falta: mesmo parece que están a facer rafting na sartén, haha!!

Xa sei que che soa a receita, Xosé:-)) só que con outros pementiños máis pequechos. Escollín (para 1ª práctica) uns algo grandiños para que a operación de recheo me resultase máis sinxela. O sabor, delicioso!

O, a receita é moi doada de realizar, só necesitas un pouco de paciencia... E xa que aprecias as miñas delicatessen, intentarei argallar outro caprichiño para a finde;-))

A tortilla de patacas? Zeltia, podería ser outro "capricho" noutro post e, por suposto, un dos meus pratos preferidos!!
[Non hai moito presenciei como alguén elaboraba unha; sorpredeume como a enxeñosa cociñeira lle daba voltas e máis voltas... (eu só lle dou unha, como moito dúas), ata unha seis ou sete! Despois, tiven o pracer de probala: exquisita!! Entre volta e volta (como dirían os andaluces), conversabamos unha copiña de viño branco:-)) Así calquera cociña! Todo un pracer!]

Bueno, pois parere que a opción musical preferida foi a de Charlie Parker. Como Xosé non dixo nada, supoñamos que escoitou a Puccini, para que empate con Fía na Roca...