miércoles, 11 de mayo de 2011

Conversa(s)




Lo que fuimos o lo que somos va camino de ser intenso y duro, indefinible pero sin duda eterno, que es lo que dura la vida de un hombre que no se resigna aunque la muerte lo espere.
La verdadera duración del Tiempo es algo que un simple amor no puede concebir entre sus márgenes, no es capaz de acoger en sus entrañas tanta imagen vivida, tan pocas palabras para decir tanto, ritos y gritos sin alzar la voz como los que tú y yo llegamos a crear, juntos o separados, da lo mismo.
[…]
“Aniquilar el dolor aniquilando el deseo”, dijo Buda.
Un buen consejo que llega un poco tarde
porque soy ya un experto en ambas cosas
y prefiero sufrir, callar y hundirme
los dedos en la herida antes de olvidar el más mínimo
instante de mi deseo por ti.
[…]
Te vi una vez y te sigo mirando cuando no me ves, y creo que si algo me hizo amarte fue tu capacidad para saber siempre dónde poner los ojos, y sigo enamorado de tu infinita gama de miradas.



A Coruña, 8-3-95
Para P. de Lois.
Lois Pereiro









Non quero interromper a nosa conversa e só se trata de empezar a encher este caderno con algo en que apoiarme para non me sentir alleo ó mundo no que neste momento non estás.



15-3-95






Hoxe desperto baixo o peso do insonio destas últimas noites. A vida é coma una besta en perigo.


16-3-95






Canso xa de buscar algo en min mesmo, ando á procura de mundo exterior, pero resulta ser una conexión telefónica cortada: con algo de paciencia e uns poucos días atoparei o cable que a conecte.


20-3-95 (9 pm)






Todos xuntos a un tempo fuxindo dos contactos. Practicamos unha ximnasia aséptica. Protexemos os nosos propios seres coma tesouros dos que só nós queremos ter a chave, e darlla a quen menos o merece, as máis das veces.


23-3-95 (2 pm)






Patti e eu sabemos entendernos, e cada vez entra máis no interior do mundo que estou a recrear ó meu redor. Xa é moito máis que unha referencia sobre ti. É algo interior, intenso e brillante, coma un solo de violín de Bach.


24-3-95 (5 pm)









Quérote, quéroa, quéroas, quéroos. E xa podo emigrar e remontar o río coma un salmón que inicia a súa viaxe. Aquí non teño nada que agardar e teño xa a vontade. Amén.



28-3-95






Velaquí estou de novo, procurando sobrevivir coa axuda da Literatura e os amigos. O resto sobra.


30-3-95 (4 pm)



[…]
O mundo é outra vez un polo degolado que corre coma un tolo polo patio. Penduramos dos balcóns as sabas brancas e rendémonos. Tarde de máis para ser modesto eu tamén, coma eles.



2-4-95 (6,30 pm)






As cousas ás veces semellan írseme das mans, coma a auga que se esvae entre os dedos. Perdo o tempo, e para min, agora, deus non fixo de sobra.
[…]



4-4-95 (1 pm)






Tan sequera o humor será o que nunca perderei. Nin a paus!
O caso é que poñéndome a escribir conseguir deter esa patada que me viña dirixida dereitiña ós fuciños.
A Literatura aínda segue servindo para algo (mesmo coa man que escribe pegañenta pola bilis dun día)… E os bolígrafos “jaguar”, made in England, tamén, por certo. Son fiables.



4-4-95 (8,45 pm)









Teresa e máis eu sempre nos entendimos moi ben, sendo tan distintos, pero ela sabe botar as flores axeitadas e xustas e eu tamén. Cousa dun necesario respeto mutuo, supoño; ou certa debilidade que sentimos un polo outro, ti xa o sabes. Sabemos do que non debemos falar intuitivamente, sempre. […]


5-4-95 (9,30 pm)






Cando non podo estar con quen amo, intento amar a quen está comigo. Non sei se está ben, e non sei se está mal, pero así, de momento, non vou perdendo altura e me manteño nas alturas. (Xa sabes: tentativa de salvamento. Absurdo). Como un globo aerostático que ten que tirar lastre para manterse no alto, non debo adquirir nada que me sobre. É una cuestión de osíxeno, pero non me importa recibir todo o que me ofrezan se é importante: uns metros máis ou menos.
Tal vez sexa o contrario, e o certo é que pouco a pouco vou amando máis persoas que antes, e as que xa amaba as amo con máis xenerosidade e están sempre comigo.
En realidade, todo é una confusión atroz. Pero estou satisfeito de min mesmo.



6-4-95 (2,30 am)






Contemplando as luces da cidade durmida penso en como é posible que non estoupe todo cos pensamentos que hai por tras das fiestras con luz, e os pesadelos que ocultan as que xa están ás escuras. A calma bota fume. Canta enerxía perdida! E canto medo inútil e sumiso; canto amor que se minte a si mesmo: ou todo ou nada, amigos. Todos escravos do noso “status quo”, mellor ou peor.


7-4-95 (1,30 am)






Foi unha tarde intensa, chea de premonicións e confidencias. E cando nos imos á casa gústame que Patti se apoie no meu brazo coma unha irmá pequena con problemas. Fago un repaso deste ano escaso de vida prorrogada e gústame o gañado; nada me aterra de todo isto, e aínda non perdín ningunha cousa realmente importante. […]


9, 10 e 11-4-95









Teño a pel queimada polo sol, a alma aberta, e os ollos inxectados en sangue; pero penso gardar ben os meus afectos.


15-4-95 (8 pm)






Hai xente “normal” marabillosamente “anormal”, como dicía Ana. Estou aberto a todos, como un bar “afterhours”.
Vivirei sen medos. Acepto todo o que me ofrecen; son un ser en exposición na tenda das vivencias. Non rexeito xa nada. Non despreciarei a ninguén. Estou no mundo e sigo a ser eu mesmo. Vade retro, sombras doutro pasado! ¿Serei xa tan sabio, como dixo Mari en broma, pero tamén en serio, despois de botarme tres veces as cartas? O camiño creo que é meu, finalmente. Aínda podo aprender moito de xente coma Marisa ou Pilar, ou da “estrana parella”; e adoro a Miri. Con persoas así iría ós confíns do mundo: a maxia, a fortaleza, e a tenrura. E nada a detén. Non sei que dirección podo emprender, pero xa coñezo as sinais e as normas para avanzar por calquera delas…



15-4-95 (11,30 pm)




“…E eu aprendín a estar ben cando estou ben” (Ch. Bukowski).



...



(Viaxes, viaxes: pesan pesan. A vida pesa, o mundo pesa; pero o meu lombo ha ser coma o de Atlante).
Apártate da euforia. Sé elegante niso. Deixa que o tempo envelleza as túas sensacións, coma o bo viño, e afonde no que amas, e naqueles ós que agora ti debes axudar: é o teu turno.



16-4-95



Lois Pereiro. Conversa Ultramarina.








3 comentarios:

Xosé dijo...

Grazas, Isa!!

O dijo...

cautivas e liberas
cautívasme e libérasme
cautívasnos e libérasnos.....

Mil agradecementos, Isa.

zeltia dijo...

Ola, Aura.
Boteille tempo a este post teu. Lino onte á noite. Escoitei a música.
Deixeino repousar, algo confusa non atopaba discurso con sentido... [o sono, as emocións]
Esta mañá, nun descanso no traballo, volvín a ler e daquela sí escribín, víñanme á mente, claras, as cousas que quería dicir. Pero blogger estaba en obras e sentiu moito non permitirme mandar a mensaxe.
Agora, de novo, descubro, asombrada, que o que tan claro tiña pola mañá, xa non mo parece. [polo medio colouse unha noticia impactante do meu entorno -non do cercano, por sorte- e esas cousas fan sempre que unha persoa reconsidere a súa visión do mundo e da vida]

Rematando: que só podo facer agora miñas, absoluta e plenamente consciente miñas, palabras de Lois que xa tí nos ofrendas:

Estou aberto a todos, como un bar “afterhours”.
Vivirei sen medos. Acepto todo o que me ofrecen; son un ser en exposición na tenda das vivencias.


Unha aperta. Cálida.